Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Mércores, 27 de febreiro de 2019 Páx. 11401

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 19/2019).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 19/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Rafael del Río de la Rosa contra Bodegas Montemar, S.L. e Venta y Distribución de Bebidas Galicia Sur, S.L., sobre ordinario, se ditou auto en que se despacha execución con data do 6 de febreiro de 2019, impugnable en reposición no prazo de tres días, o cal está ao seu dispor na sede do xulgado.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Bodegas Montemar, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 6 de febreiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza