Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Mércores, 27 de febreiro de 2019 Páx. 11388

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Segunda)

ANUNCIO da interposición do recurso contencioso-administrativo 4370/2018, contra o Decreto 103/2018, da Xunta de Galicia, polo que se aproba o Regulamento da Lei 4/2013, de transporte público de persoas en vehículos de turismo de Galicia.

No presente órgano xudicial, a procuradora Ángela Marina Cortiñas Rivas, en nome e representación de Autos Comparado, S.L., interpuxo recurso contencioso-administrativo nº 4370/2018, fronte á Xunta de Galicia (Consellería de Infraestruturas e Vivenda), sobre impugnación directa do Decreto 103/2018, do 13 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 4/2013, de transporte público de persoas en vehículos de turismo de Galicia.

Polo que, en cumprimento da dilixencia de ordenación do 17 de xaneiro de 2019 e do establecido no artigo 47.2 da LXCA, se concede un prazo de quince días para a comparecencia daqueles que teñan interese lexítimo en soster a conformidade a dereito da disposición, do acto ou da conduta impugnados.

A Coruña, 17 de xaneiro de 2019

José Miguel Formoso Sobrado
Letrado da Administración de xustiza