Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Mércores, 27 de febreiro de 2019 Páx. 11387

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Segunda)

ANUNCIO da interposición do recurso contencioso-administrativo 4359/2018, contra o Acordo do Pleno do Concello de Santiago de Compostela, do 19 de xullo de 2018, polo que se aproba definitivamente a modificación da ordenanza especial OE-5 Galeras do PXOM, no ámbito do antigo hospital.

Na Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia tramítase recurso contencioso-administrativo por instancia de Tugalo, S.L. contra o Concello de Santiago de Compostela (A Coruña), a través do cal se impugnou o Acordo do Pleno da Corporación, do 19 de xullo de 2018, polo que se aproba definitivamente a modificación da ordenanza especial OE-5 Galeras do PXOM, no ámbito do antigo hospital.

De acordo co establecido no artigo 47.1 da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, acordei de oficio a publicación da interposición do recurso contencioso-administrativo no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia, para que quen teña interese lexítimo en soster a conformidade a dereito da actuación administrativa poida comparecer como parte codemandada no recurso contencioso-administrativo, no prazo de quince días hábiles desde a publicación.

A Coruña, 21 de novembro de 2018

José Miguel Formoso Sobrado
Letrado da Administración de xustiza