Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Mércores, 27 de febreiro de 2019 Páx. 11389

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Segunda)

ANUNCIO da interposición do recurso contencioso-administrativo 4372/2018 contra o Decreto 103/2018, da Consellería de Infraestruturas e Vivenda da Xunta de Galicia, polo que se aproba o Regulamento da Lei 4/2013, do 30 de maio, de transporte público de persoas en vehículos de turismo de Galicia.

Procedemento: procedemento ordinario 4372/2018

Sobre obras públicas e transportes

De Autos Eugenio Muíños, S.L.

Avogado: Sergio Diéguez Sabucedo

Procuradora: Ángela Marina Cortiñas Rivas

Contra: Consellería de Infraestruturas e Vivenda

Avogado: letrado da Comunidade

No presente órgano xudicial interpuxo recurso contencioso-administrativo la procuradora Ángela Marina Cortiñas Rivas, en nome e representación de Autos Eugenio Muíños, S.L., fronte á Consellería de Infraestruturas e Vivenda, sobre o Decreto 103/2018, do 13 de setembro de 2018, que aproba o Regulamento da Lei 4/2013.

Polo que, en cumprimento da dilixencia de ordenación do 1 de febreiro de 2019 e do establecido no artigo 47.2 da LXCA, concédese un prazo de quince días para a comparecencia de quen teña interese lexítimo en soster a conformidade co dereito da disposición, acto ou conduta impugnados.

A Coruña, 1 de febreiro de 2019

José Miguel Formoso Sobrado
Letrado da Administración de xustiza