No presente órgano xudicial, o procurador Ignacio M. Espasandín Otero, en nome e representación de Ares Capital, S.A., interpuxo recurso contencioso-administrativo nº 4386/2018, fronte á Xunta de Galicia (Consellería de Infraestruturas e Vivenda), sobre impugnación directa do Decreto 103/2018, do 13 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 4/2013, de transporte público de persoas en vehículos de turismo de Galicia.
Polo que, en cumprimento da dilixencia de ordenación do 6 de febreiro de 2019 e do establecido no artigo 47.2 da LXCA, se concede un prazo de quince días para a comparecencia daqueles que teñan interese lexítimo en soster a conformidade a dereito da disposición, do acto ou da conduta impugnados.
A Coruña, 6 de febreiro de 2019
José Miguel Formoso Sobrado
Letrado da Administración de xustiza