Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Mércores, 27 de febreiro de 2019 Páx. 11319

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

RESOLUCIÓN do 29 de xaneiro de 2019, da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, de aprobación definitiva da modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento do concello de Val do Dubra para a delimitación de solo de núcleo rural de Cernada, de acordo co artigo 78.2.C da LSG.

O Concello de Val do Dubra solicita a aprobación definitiva do expediente referido, en virtude do artigo 78.2.c) da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (LSG), en relación co artigo 83.6 desta lei e o artigo 200.6 do seu regulamento, aprobado polo Decreto 143/2016 (RLSG).

Analizada a documentación de data marzo de 2018 asinada pola arquitecta Beatriz García Becerra; e vista a proposta subscrita pola Subdirección Xeral de Urbanismo, resulta:

I. Antecedentes.

1. O Concello de Val do Dubra dispón actualmente dunhas normas subsidiarias de planeamento aprobadas definitivamente polo Pleno do Concello o 15.4.1997.

2. A Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo emitiu informe para os efectos do trámite de consultas previsto no artigo 78.4 da LSG con data do 20.5.2016.

3. A Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental acordou non someter este proxecto ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica ordinaria, pola Resolución do 5.6.2013.

4. A arquitecta municipal emitiu informes en datas 13.11.2015, 22.2.2016 e 3.7.2017.

5. A Deputación da Coruña emitiu informes en materia de estradas o 18.3.2016 e o 20.7.2018, ambos de carácter favorable.

6. O secretario municipal emitiu informe en data do 29.12.2016.

7. O proxecto de modificación foi sometido a información pública polo prazo de dous meses (DOG do 7.2.2017, El Correo Gallego do 25 e 26.1.2017, e La Voz de Galicia do 28 e 29.6.2017 e notificado individualmente aos titulares catastrais afectados).

8. A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural emitiu informes o 7.2.2018, desfavorable; e o 9.4.2018, favorable.

9. A secretaria municipal emitiu informe en data do 20.8.2018.

10. O Pleno do Concello aprobou provisionalmente o proxecto en data do 30.8.2018.

II. Análise e consideracións.

Logo de analizar a documentación remitida polo concello, non se encontra obxección a esta, téndose corrixidas as deficiencias observadas no informe da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo de data do 20.5.2016.

A competencia para resolver sobre a aprobación definitiva dunha modificación puntual de planeamento xeral que teña por obxecto a delimitación do solo de núcleo rural, corresponde á Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, de conformidade co disposto no artigo 78.2.c) en relación co artigo 83.6 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e co artigo 10 do Decreto 167/2015, do 13 de novembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, en relación co Decreto 177/2016, do 15 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia e das consellerías da Xunta de Galicia modificado parcialmente polo Decreto 106/2018, do 4 de outubro.

III. Resolución.

Visto canto antecede, en virtude do establecido no artigo 78.2.c) en relación co artigo 83.6 da Lei 2/2016 (LSG),

RESOLVO:

1. Aprobar definitivamente a modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento do Concello de Val do Dubra, para a delimitación do solo de núcleo rural de Cernada.

2. De conformidade co artigo 88 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e o artigo 212.1 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo inscribirá de oficio a delimitación no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia.

3. De conformidade co disposto polos artigos 82 e 88.4 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, e 70 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, o concello deberá publicar a normativa da delimitación aprobada no Boletín Oficial da provincia, unha vez inscrita no Rexistro de Planeamento Urbanístico.

4. Notifíquese ao Concello; e publíquese no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 199.2 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro.

5. Contra esta resolución cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2019

María Encarnación Rivas Díaz
Directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo

ANEXO

missing image file