Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Mércores, 27 de febreiro de 2019 Páx. 11430

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 12 de febreiro de 2019, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, polo que se notifican a varios interesados as autorizacións administrativas, a utilidade pública, a prevalencia e a compatibilidade da instalación eléctrica SET 132/400 kV Ludrio e liña colectora Ludrio eixe sur: tramo 1, 132 kV-SET Ludrio-SET parque eólico Monciro (expediente IN407A 2017/6-0).

O 30.10.2018 a Dirección Xeral de Enerxía e Minas ditou a resolución pola que se fai público o Acordo do Consello da Xunta, do 18 de outubro de 2018, polo que se outorgan as autorizacións administrativas previa e de construción, se declara a utilidade pública, en concreto, así como a prevalencia con diversos aproveitamentos forestais e a compatibilidade cun dereito mineiro, da instalación eléctrica denominada subestación colectora xeración 132/400 kV Ludrio e liña colectora Ludrio eixe sur: tramo 1, 132 kV-SET Ludrio-SET parque eólico Monciro, sita nos concellos de Castroverde, Pol e Castro de Rei (Lugo) (expediente IN407A 2017/6-0).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázanse os interesados que figuran no anexo deste anuncio, para seren notificados por comparecencia, por non ter sido posible practicar a notificación prevista na citada norma.

As persoas interesadas ou os seus representantes legais deberán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, situada no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, 4º andar, en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o prazo indicado no parágrafo anterior sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 2019

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas

ANEXO

Nº de predio

Pol.

Par.

Lugar

Cultivo

Propietario

235

128

259

Trevesas

Prado

Antonio Domínguez Román

92

119

264

Valiña

M. alto

Daniel Labrada Otero

91

119

263

Monciro

M. alto

Esperanza Valin Eira

64

125

124

Arriba das Chousas

M. alto

Hrdos. de Daniel Santiso Otero

9

125

71

Arriba das Chousas

M. alto

José Maria Emilio Castedo Mirón

168

125

235

Chousas

M. alto

José Otero Corton

184

119

413

Monciro

M. alto

Josefa Pérez Gandoy

55

120

121

Poste

Prado

Margarita Gandoy Domínguez

144

97

111

Chousa Grande

M. alto

María Amelia Pilar Corton Díaz

145

97

112

Chousa Grande

M. alto

María Amelia Pilar Corton Díaz

9

125

71

Arribas da Chousas

M. alto

José María Emilio Castedo Mirón

51

119

183

Monciro

M. alto

María Esther Domínguez López

104

97

21

Chousa Grande

M. alto

María Pilar Corton Díaz

7

99

21

Lamas

Prado

María Teresa Santiso Campos

68

125

433

Monte da Granda

Prado

Petra Teifeiro Novo