Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Mércores, 27 de febreiro de 2019 Páx. 11428

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 12 de febreiro de 2019, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, polo que se notifican a varios interesados as autorizacións administrativas, a utilidade pública e prevalencia da instalación eléctrica liña colectora Ludrio eixe sur: tramo 2, 132 kV, parque eólico Serra do Punago-A Vacariza-parque eólico Monciro (expediente IN407A 2017/3-0).

O 30 de outubro de 2018 a Dirección Xeral de Enerxía e Minas ditou a resolución pola que se notifica a varios interesados a Resolución do 30 de outubro de 2018, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se fai público o Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 18 de outubro de 2018, polo que se outorgan as autorizacións administrativas previa e de construción, se declara a utilidade pública, en concreto, así como a prevalencia con diversos aproveitamentos forestais, da instalación eléctrica denominada liña colectora Ludrio eixe sur: tramo 2, 132 kV, parque eólico Serra do Punago-A Vacariza-parque eólico Monciro, sita nos concellos de Baleira e Castroverde (Lugo) (expediente IN407A 2017/3-0).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázanse os interesados que figuran no anexo deste anuncio para seren notificados por comparecencia, por non ter sido posible practicar a notificación prevista na citada norma.

As persoas interesadas ou os seus representantes legais deberán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, situada no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, 4º andar, en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o prazo indicado no parágrafo anterior sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 2019

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas

ANEXO

Nº de predio

Pol.

Par.

Lugar

Cultivo

Propietario/a

46

7

446

Monte de Puñago

Monte alto

Ángela Rey Ferreiro

80

29

232

Prado da Atrevida

Prado, monte alto

Comunidade Montes Atrevida

89

21

71

Chousa Nova

Monte alto

Ermitas Gómez Varela

169

13

854

Vilar de Arriba

Labor

Felicitas Veiga Andión

41

7

10.441

Zarro de Habanero

Prado

Hdos. María Antonia Gefúndez Cedrón

Rpta. Manuel Antonio Mirón Ferreiro

107

25

180

Millaras

Monte alto

Hdos. de Saúl Candal Sánchez

175

13

911

Rego do Lameirón

Prado

Irmás Gimena e María Praceres Pillado Carballedo

31

3

180

Liñeiro

Monte alto

Jesús López Gómez

Rpta. Dolores López

128

32

175

Campo

Prado

José López Veiga

21

7

453

Monte de Puñago

Monte alto

Manuel Fernández Carballedo

102

21

97

Casal

Monte alto

María Alicia Gómez Garrido

88

21

70

Capela

Monte alto

María Inés González Madarro

84

29

237

Cotidone

Monte alto

Pedro Trashorras Valiño

47

67

93

Monte de Puñago

Monte baixo

Fiscal da Audiencia Provincial (descoñecido)

43

5

533

Caxigal

Monte alto

Fiscal da Audiencia Provincial (descoñedido)

1

1

18

Cerro do Foro

Monte baixo

Fiscal da Audiencia Provincial (descoñedido)