Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Mércores, 27 de febreiro de 2019 Páx. 11432

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 12 de febreiro de 2019, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, polo que se notifican a varios interesados as autorizacións administrativas, a utilidade pública e as prevalencias das instalacións eléctricas denominadas LAT 66 kV parques eólicos Montetourado- Eixe/Monte O Tourado - subestación colectora Regoelle 20-66/220 kV e subestación colectora Regoelle 20-66/220 kV.

O 5.11.2018 a Dirección Xeral de Enerxía e Minas ditou a resolución pola que se fai público o Acordo do Consello da Xunta, do 31 de outubro de 2018, polo que se outorgan as autorizacións administrativas previa e de construción, se declara a utilidade pública, en concreto, así como a prevalencia cun aproveitamento forestal e a compatibilidade cun dereito mineiro, das instalacións eléctricas denominadas LAT 66 kV parques eólicos Montetourado-Eixe/Monte O Tourado - subestación colectora Regoelle 20-66/220 kV, sita nos concellos de Zas, Vimianzo e Dumbría (A Coruña) (expediente IN407A 2017/166-1) e subestación colectora Regoelle 20-66/220 kV, sita no concello de Dumbría (A Coruña) (expediente IN407A 2016/3040-1).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázanse os interesados que figuran no anexo deste anuncio para seren notificados por comparecencia, por non ter sido posible practicar a notificación prevista na citada norma.

As persoas interesadas ou os seus representantes legais deberán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, situada no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, 4º andar, en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o prazo indicado no parágrafo anterior sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 2019

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas

ANEXO

Concello

Pol.

Par.

Lugar

Cultivo

Propietario

Vimianzo

47

111

Pedra Gallada

Eucaliptal

Tomé Lado, Manuel

Vimianzo

47

448

Tras do Penedo

Plantación recente

Oreiro Rodríguez, Pedro

Dumbría

7

136

Campiño Verde

Matogueira

Senra Bargas, Andrés

Dumbría

7

142

Estivadiña do Monte

Matogueira

Riveiro Pérez, Ramón Manuel

Dumbría

7

148

Estivadiña do Monte

Matogueira

Domínguez Senra, Manuela

Dumbría

7

124

Campiño Verde

Matogueira

Senra Agra, Ramona

Dumbría

7

122

Campiño Verde

Matogueira

Beltrán Serna, José

Dumbría

7

112

Campiño Verde

Plantación recente

Domínguez Senra, María

Dumbría

7

618

Campiño Verde

Matogueira

Domínguez Senra, María

Dumbría

7

99

Campiño Verde

Plantación recente

Beltrán Senra, María

Dumbría

7

93

Campiño Verde

Plantación recente

Riveiro Pérez, Ramón Manuel

Vimianzo

506

195

Milleira

Prado

Ramos Mourelle, Manuel