Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Martes, 26 de febreiro de 2019 Páx. 11248

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (DSP 197/2018).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 197/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan Manuel Refojo González contra Hipescar, S.L., Fidel Derivados Cárnicos, S.L., Campiñas de Laíño, S.A. e Refojo y González, S.L., ditouse sentenza, cuxa parte dispositiva se adxunta:

«Que, estimando integramente a demanda interposta por Juan Manuel Refojo González, contra Refojo y González, S.L., Campiñas de Laíño, S.A., Hipescar, S.L., Fidel Derivados Cárnicos, S.L., María José Lorenzo Gómez, como administradora concursal de Refojo y González, S.L., e Juan Manuel Capella Pérez, como administrador concursal de Campiñas de Laíño, S.A., efectúo os pronunciamentos seguintes:

1. Declaro a nulidade do despedimento do demandante efectuado polas demandada Campiñas de Laíño, S.A. con efectos do 31 de xaneiro de 2018.

2. Debo condenar e condeno as mercantís demandadas Refojo y González, S.L., Campiñas de Laíño, S.A., Hipescar, S.L., Fidel Derivados Cárnicos, S.L., a avirse á devandita declaración e a que, de modo solidario, procedan á readmisión do traballador demandante nas mesmas condicións que tiña con anterioridade ao despedimento e con aboamento dos salarios deixados de percibir desde a data de efectos do despedimento ata a efectiva readmisión.

3. Debo condenar e condeno a María José Lorenzo Gómez como administradora concursal de Refojo y González, S.L., e Juan Manuel Capella Pérez, como administrador concursal de Campiñas de Laíño, S.A., na súa soa condición de administradores concursais, a avirse á anterior declaración e condena.

4. No que incumbe á responsabilidade do Fogasa, debe observarse o que resulte da aplicación do artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese ás partes, ao Fogasa e ao Ministerio Fiscal a presente resolución, facéndolles saber que fronte a ela poderán interpoñer recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación».

E para que sirva de notificación en legal forma a Hipescar, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de decreto, auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza