Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Martes, 26 de febreiro de 2019 Páx. 11262

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 31 de xaneiro de 2019, do Servizo de Mobilidade da Coruña, polo que se notifican os acordos de incoación de expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltos polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente XC-01241-I-2018 e tres máis).

A persoa titular do Servizo de Mobilidade da Coruña acordou a incoación do expediente sancionador número XC-01241-I-2018 e tres máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación do acordo de incoación por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse os acordos de incoación ditados ás persoas interesadas.

Infórmaselles que os expedientes sancionadores están á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade da Coruña.

Outórgaselles un prazo quince días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE para alegar o que consideren conveniente, presentando ou propoñendo as probas que xulguen oportunas.

No suposto que decida voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.

A Coruña, 31 de xaneiro de 2019

César Concheiro Ceide
Xefe do Servizo de Mobilidade da Coruña

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciado

DNI/CIF

Infracción denunciada

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción proposta

XC-01241-I-2018

1356HHC

73066793W

O exceso igual ou superior ao 5 % e inferior ao 15 % sobre a MMA total en vehículos con MMA ata 12 toneladas.

6.3.2018; 10.23.06; AC-523; 0,800

Artigo 142.2 da LOTT

Artigo 143.1.c) da LOTT

301 euros

XC-01927-O-2018

5428-JZT

44849493E

Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro, carecendo de título habilitante.

27.6.2018; 17.26; AC-413; 0,9

Artigo 141.25 en relación co artigo 140.1 da LOTT

Artigo 143.1.k) en relación coa letra f) da LOTT

801 euros

XC-01978-O-2018

6052-DSH

49676128S

O exceso igual ou superior ao 15 % e inferior ao 25 % sobre a MMA total en vehículos con MMA ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 15 %.

3.7.2018; 11.20; AC-12; 2,0

Artigo 141.2 da LOTT

Artigo 143.1.f) da LOTT

801 euros

XC-02261-O-2018

1666DKM

76898811J

Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías utilizando un condutor que carece do CAP, se o obtén no prazo de 6 meses desde a data da denuncia.

2.6.2018; 7.16; SC-20; 9,6

Artigo 141.25 en relación co artigo 140.18 da LOTT

Artigo 143.1.k) en relación coa letra e) da LOTT

601 euros