Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Luns, 25 de febreiro de 2019 Páx. 11126

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 841/2017).

Procedemento ordinario 841/2017

Demandante: Jorge Rodríguez Sánchez

Avogado: Pablo Manuel de Acosta González

Demandados: Aparcamiento Labacolla, S.L., Fogasa

Avogado: letrado do Fogasa

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 841/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jorge Rodríguez Sánchez contra Aparcamiento Labacolla, S.L., e o Fogasa, sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución:

«Que debo estimar a demanda presentada por instancia de Jorge Rodríguez Sánchez asistido polo letrado Sr. Yebra-Pimentel Vilar, contra Aparcamiento Labacolla, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial e debo condenar a demandada ao aboamento á demandante da cantidade de 5.017,49 euros como cantidades debidas, máis os xuros previstos no artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores (ET) sobre a devandita cantidade, devindicados desde a data de presentación da papeleta de conciliación (STS 17.6.2014) ata esta resolución e os do artigo 576 da Lei de axuizamento civil (LAC) a partir desta resolución.

Debo absolver e absolvo o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria, nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles ás partes esta resolución.

Modo de impugnación. Advírteselles ás partes que contra esta resolución poderán interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que deberá ser anunciado por comparecencia, ou mediante escrito presentado na oficina xudicial dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtase igualmente o recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seus, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto a nome desta oficina xudicial co número 1596, clave 65. Deberá indicar no campo concepto “recurso” seguido do código “34 Social Suplicación”, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso; así como no caso de ser condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, deberá consignar na conta de depósitos e consignacións aberta a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario a primeiro requirimento indefinido pola devandita cantidade no cal se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a esta oficina xudicial co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, ao momento de anuncialo.

A anterior resolución entregarase ao letrado da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Aparcamiento Labacolla, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no boletín oficial correspondente.

Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza