Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Luns, 25 de febreiro de 2019 Páx. 11128

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 238/2018).

Execución de títulos xudiciais 238/2018

Procedemento orixe: despedimento/cesamentos en xeral 552 /2017

Sobre despedimento

Demandante: Juan Carlos Lago Fernández

Avogado: Miguel Branco Pérez

Demandados: Fogasa, Riberplus Automoción, S.L.U.

Avogado: letrado de Fogasa

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais número 238/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan Carlos Lago Fernández contra a empresa Riberplus Automoción, S.L.U., sobre reclamación de cantidade, ditouse decreto en data 4 de febreiro de 2019, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Parte dispositiva

Acordo:

a) Declarar a executada Riberplus Automoción, S.L.U., en situación de insolvencia total, por importe de 27.769,74 euros en concepto de principal (2.647,81 € de indemnización + 14.763,24 € de salarios de tramitación + 10.358,69 € de salarios), máis 1.231,69 euros en concepto de xuros de mora de 10.358,69 euros, máis 2.900,14 euros que provisionalmente se orzamentan para xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución, se en diante se coñecen novos bens da executada.

c) Proceder á súa inscrición no rexistro correspondente.

d) Levar o orixinal ao libro de decretos, deixando testemuño nestas actuacións.

Notifíqueselle ás partes e a Riberplus Automoción, S.L.U., por medio de edictos no Diario Oficial de Galicia e fágaselles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da Lei de xurisdición social (LXS), no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin, fornecerán plenos efectos e as notificacións neles tentadas sen efecto serán válidas ata tanto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, dirección electrónica ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Contra esta resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interpoñerse ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles.

Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para impugnar, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 3 aberta no Banco Santander, conta número 5076 0000 64 0238 18. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá ingresarse na conta número 000493569920005001274, e no campo “concepto” deberá indicar o número de conta “5076 0000 64 0238 18”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acordo, mando e asino. Dou fe.

A letrada da Administración de xustiza».

Advírteselle á destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

E para que sirva de notificación a Riberplus Automoción, S.L.U., expido este edicto.

Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 2018.

A letrada da Administración de xustiza