Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Luns, 25 de febreiro de 2019 Páx. 11116

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (PO 266/2018).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 266/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Pasantes Muras contra o Fondo de Garantía Salarial e Secciona Group, S.L., sobre ordinario, se ditou a sentenza coa seguinte parte dispositiva:

Resolvo que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por José Pasantes Muras contra a entidade Secciona Group, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Secciona Group, S.L. a que lle aboe ao demandante a cantidade de 4.170,51 euros brutos en concepto de cantidades debidas por salarios devindicados en outubro de 2017, paga extra xuño 2017, parte proporcional paga extra Nadal 2017 e a compensación económica polas vacacións non desfrutadas; a cantidade de 3.087,63 euros brutos por horas extraordinarias realizadas entre o 15 de febreiro e o 20 de outubro de 2017, incrementadas ambas as cantidades no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais, e 3.055,33 euros como indemnización por finalización da relación laboral.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación, ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Para que sirva de notificación en legal forma a Secciona Group, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 1 de febreiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza