Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Venres, 22 de febreiro de 2019 Páx. 10941

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Vigo

EDICTO (PO 1586/2009).

María del Mar Pino Pérez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Vigo, polo presente,

Anuncio: ordinario 1586/2009

No presente procedemento seguido por instancia do procurador José Francisco Vaquero Alonso, en nome e representación de Comunidade de Montes Veciñais de Man Común de Vincios fronte a Tadecol, S.L., ditouse sentencia número 143/2012, cuxa resolución é do teor literal seguinte:

Decido que, estimando integramente a demanda interposta polo procurador Sr. Vaquero Alonso, actuando en nome e representación da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Vincios, debo:

– Resolver e resolvo o contrato de cesión temporal do dereito de superficie formalizado entre as partes en escritura do 2 de maio de 1989, rectificada por outra do 25 de agosto de 1989 sobre o predio 9049, outorgado coa entidade Talleres Decol, S. Coop. Ltda., e en cuxa posición se subrogou a demandada en virtude de escritura formalizada o 13 de outubro de 1995.

– Resolver e resolvo o contrato de cesión temporal do dereito de superficie formalizado entre as partes en escritura do 29 de decembro de 1999 sobre o predio 8877.

– Condenar e condeno a mercantil Tadecol, S.L. a pagar á Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Vincios a cantidade de 15.068,63 euros máis os xuros legais da devandita cantidade desde a data da demanda, con expresa condena en custas da parte demandada.

Notifíquese esta sentenza ás partes, facéndoselles saber que esta non é firme e contra ela cabe interpoñer recurso de apelación ante este xulgado no prazo de 20 días contados desde o seguinte ao da notificación e do que coñecerá a Audiencia Provincial de Pontevedra, sede en Vigo.

E atopándose a demandada, Tadecol, S.L., en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a esta. A sentenza ditada atópase á súa disposición neste xulgado para o seu coñecemento.

Vigo, 15 de xaneiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza