Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Xoves, 21 de febreiro de 2019 Páx. 10813

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 5 de febreiro de 2019 pola que se somete a información pública o anteproxecto de colectores xerais e nova estación depuradora de augas residuais de Foz, coa clave OH.327.661, así como o estudo de impacto ambiental correspondente.

O ente público Augas de Galicia está a tramitar o procedemento coa clave OH.327.661, de aprobación do anteproxecto de colectores xerais e nova estación depuradora de augas residuais de Foz. Foz (Lugo).

A dita actuación está suxeita á avaliación de impacto ambiental ordinaria, polo que, dentro do procedemento de aprobación citado, e de conformidade co disposto no artigo 36 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, se somete a información pública por un prazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o anteproxecto de colectores xerais e nova estación depuradora de augas residuais de Foz. Foz (Lugo), coa clave OH.327.661, que inclúe no seu anexo nº 6 o estudo de impacto ambiental correspondente.

O documento técnico e ambiental pódese consultar no prazo sinalado anteriormente, nas dependencias de Augas de Galicia, sitas na rúa Doutor Maceira, nº 18, baixo, en Santiago de Compostela, e na páxina web https://augasdegalicia.xunta.gal/.

As persoas e/ou entidades que o consideren oportuno poderán formular, no prazo indicado, cantas alegacións e observacións xulguen pertinentes a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/), empregando para o efecto o procedemento de presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións que non conten cun sistema electrónico específico nin cun modelo electrónico normalizado (código PR004A). De optarse pola presentación en papel, os escritos de alegacións poderán ser presentados nos lugares previstos na normativa xeral de procedemento administrativo, dirixidos á Dirección de Augas de Galicia, sita na rúa Camilo Díaz Baliño, nº 7-9, 15781 Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 2019

Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia