Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Xoves, 21 de febreiro de 2019 Páx. 10814

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 28 de xaneiro de 2019 pola que se notifica a resolución do recurso potestativo de reposición contra a Resolución do 16 de febreiro de 2018, ditada no expediente sancionador OUR/53/2013-SA1.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 10 de decembro de 2018, resolución pola que non se admite a tramite, por extemporáneo, o recurso de reposición interposto contra a Resolución do 16 de febreiro de 2018, ditada polo director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística e na cal se impoñía unha sanción, consistente en multa, de 242.611 euros, pola realización de obras de construción dunha edificación para uso residencial, na avenida Grupo Escolar, no termo municipal de Maside.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución a María del Carmen Rodríguez González, no seu nome e en representación da sociedade de bens gananciais que forma con José Muradás Balboa, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle aos interesados a devandita resolución por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle aos interesados que o texto íntegro da resolución que se notifica atópase ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo a notificación entenderase producida.

Contra a devandita resolución, que é definitiva en vía administrativa, os interesados poden interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición se sitúe o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste, e lles sirva de notificación aos citados interesados en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 28 de xaneiro de 2019

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística