Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Xoves, 21 de febreiro de 2019 Páx. 10810

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 4 de febreiro de 2019 pola que se fai público o cofinanciamento de obras hidráulicas nun 75 % pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do programa operativo de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal (POCTEP) 2014-2020.

missing image file

De conformidade coa normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos procédese a dar publicidade ao cofinanciamento europeo, para os efectos do cumprimento da obriga de información e publicidade establecida na dita regulación, das seguintes actuacións:

1. Entidade adxudicadora.

Entidade Pública: Augas de Galicia.

Dependencia que tramita o expediente: Contratación.

Tipo de contrato: obra.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: contrato menor.

2. Obxecto dos contratos.

a) Título: mellora da estación depuradora de augas residuais da Pobra. Substitución de aireadores en pretratamento. A Pobra do Caramiñal (A Coruña).

Clave do expediente: M.18007.

CPV (referencia de nomenclatura): 45259100-8.

Orzamento base: importe neto: 20.108,86 euros. Importe total: 24.331,72 euros.

Prazo de execución: 3 meses.

Importe da oferta: importe neto: 18.701,24 euros. Importe total: 22.628,50 euros.

Empresa contratista: Depuración de Aguas del Mediterráneo, S.L.

b) Título: mellora da estación depuradora de augas residuais de Gondomar. Substitución de bombas de cabeceira. Gondomar (Pontevedra).

Clave do expediente: M.18008.

CPV (referencia de nomenclatura): 45259100-8.

Orzamento base: importe neto: 39.181,00 euros. Importe total: 47.409,01 euros.

Prazo de execución: 3 meses.

Importe da oferta: importe neto: 39.008,26 euros. Importe total: 47.199,99 euros.

Empresa contratista: Sociedad Anónima de Obras y Servicios, Copasa.

c) Título: mellora da estación depuradora de augas residuais de Nigrán. Limpeza de difusores e circuíto de aireación e regulación do proceso de desinfección. Nigrán (Pontevedra).

Clave do expediente: M.18009.

CPV (referencia de nomenclatura): 45259100-8.

Orzamento base: importe neto: 6.088,78 euros. Importe total: 7.367,42 euros.

Prazo de execución: 3 meses.

Importe da oferta: importe neto: 5.964,78 euros. Importe total: 7.217,38 euros.

Empresa contratista: Sociedad Anónima de Gestión de Servicios y Conservación, Geseco.

d) Título: mellora da estación depuradora de augas residuais de Cedeira. Instalación de enerxía fotovoltaica 20 kW. Cedeira (A Coruña).

Clave do expediente: M.18010.

CPV (referencia de nomenclatura): 09331200-0.

Orzamento base: importe neto: 34.548,88 euros. Importe total: 41.804,14 euros.

Prazo de execución: 3 meses.

Importe da oferta: importe neto: 27.810,00 euros. Importe total: 33.650,10 euros.

Empresa contratista: Ela Ingeniería y Medio Ambiente, S.L.

3. Cofinanciamento da Unión Europea.

A Unión Europea cofinanciará as actuacións referidas no punto 2 a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 75 % do gasto elixible, no marco do programa operativo de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal (POCTEP) 2014-2020.

As actuacións enmárcanse dentro do programa operativo no eixe 3: crecemento sostible a través dunha cooperación transfronteiriza pola prevención de riscos e a mellora da xestión dos recursos naturais. Obxectivo temático 6: conservar e protexer o ambiente e promover a eficiencia dos recursos. Prioridade de investimento 6F: fomento de tecnoloxías innovadoras para a mellora da protección medioambiental e a eficiencia dos recursos no sector dos residuos e o sector da auga, e con respecto ao solo ou á redución da contaminación atmosférica. Obxectivo específico OE6F: incrementar os niveis de eficiencia na utilización dos recursos naturais para contribuír ao desenvolvemento da economía verde no espazo de cooperación.

Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 2019

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia