Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Xoves, 21 de febreiro de 2019 Páx. 10642

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 9 de xaneiro de 2019 pola que se nomean os membros do Consello da Economía Social de Galicia.

O artigo 9 da Lei 6/2016, do 4 de maio, da economía social de Galicia, crea e define o Consello da Economía Social de Galicia como órgano consultivo e asesor para as actividades relacionadas coa economía social, especialmente no ámbito da promoción e difusión da economía social.

No artigo 11 da Lei 6/2016, do 4 de maio, da economía social de Galicia, regúlase a súa composición e réxime de elección das persoas que o integran e no artigo 12 o nomeamento e cesamento destas por parte da persoa titular da consellería competente en materia de economía social, por proposta da entidade ou do órgano a que lle corresponde ou das decisións derivadas do propio Consello.

A Consellería de Economía, Emprego e Industria é a consellería competente en materia de economía social, de conformidade co disposto no Decreto 135/2017, do 28 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Polo exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Nomear como persoas integrantes do Consello da Economía Social de Galicia, por un período de catro anos, segundo se establece no artigo 12.2 da Lei 6/2016, do 4 de maio, da economía social de Galicia ás persoas que se relacionan a continuación:

1. En representación das entidades da economía social de Galicia:

a) Seis persoas propostas polo Consello Galego de Cooperativas de entre os seus membros representantes das cooperativas en función da súa representatividade nese órgano.

Titulares: Celso Gándara Carnero, Constantino A. Gago Conde, María del Mar Pernas Márquez, José Severino Montes Pérez, Higinio Mougán Bouzón, Carlos Laya Vía.

Suplentes: Miguel Anxo Filgueira Touriño, Roberto Andrés Sanmartín, Ramón Carmelo Rodríguez Padín, Emilio Rodríguez Felipe, José Manuel López Tellado, Alberto Vila González.

b) Unha persoa pola entidade de representación das sociedades laborais máis representativa.

Titular: Eduardo J. Salido Blanco.

Suplente: Berta Lema Añón.

c) Unha persoa proposta pola entidade de representación dos centros especiais de emprego máis representativa.

Titular: José Antonio Vázquez Freire.

Suplente: Esther Blanco Araújo.

d) Unha persoa proposta pola entidade de representación das empresas de inserción máis representativa.

Titular: Miguel Fernández Blanco.

Suplente: Carmen Avendaño Otero.

e) Unha persoa proposta pola entidade de representación das asociacións e fundacións máis representativa:

Titular: Antonio Hernández Fernández.

Suplente: Xosé Cuns Traba.

f) Unha persoa proposta pola Federación Galega de Confrarías de Pescadores.

Titular: Tomás Fajardo da Costa.

Suplente: María Rita González Sestelo.

g) Unha persoa proposta pola entidade de representación das comunidades e mancomunidades de montes veciñais en man común máis representativa.

Titular: Xosé Alfredo Pereira Martínez.

Suplente: Genoveba Gey Piñeiro.

2. En representación da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia:

a) Unha persoa representante da consellería competente en materia de economía social.

Titular: Alba Paz Boubeta.

Suplente: Mª Asunción García Cao.

b) Unha persoa representante da consellería competente en materia de desenvolvemento rural.

Titular: Miguel Ángel Pérez Dubois.

Suplente: Javier Blanco Carballal.

c) Unha persoa representante da consellería competente en materia de desenvolvemento mariño.

Titular: Susana Rodríguez Carballo.

Suplente: Juan Manuel Rodríguez Rodríguez.

d) Unha persoa representante da consellería competente en materia de economía e industria.

Titular: Juan Manuel Cividanes Roger.

Suplente: Pablo Casal Espido.

e) Unha persoa representante da consellería competente en materia de emprego.

Titular: Alfonso Marnotes González.

Suplente: Juan José Lirón Lago.

f) Unha persoa representante da consellería competente en materia de educación.

Titular: Mª Pilar García Otero.

Suplente: Patricia Brión Cabanelas.

g) Unha persoa representante da consellería competente en materia de fundacións e asociacións.

Titular: José Ramón Pardo Cabarcos.

Suplente: Mª Amadora Rodríguez Carreira.

h) Unha persoa representante da consellería competente en materia de política social.

Titular: Arturo Parrado Puente.

Suplente: Ana Mª Aboy Fernández.

i) Unha persoa representante da consellería competente en materia de igualdade.

Titular: Mª Luz González González.

Suplente: Patricia Fernández López.

3. En representación das organizacións sindicais intersectoriais da comunidade autónoma con dereito de participación institucional consonte a normativa aplicable:

Titular: José Carlos Rodríguez del Río.

Suplente: María Isabel González Jardón.

4. En representación das organizacións empresariais intersectoriais máis representativas a nivel galego:

Titular: José Antonio Vázquez Freire.

Suplente: Marta Amate López.

5. En representación dos concellos de Galicia, proposta pola Federación Galega de Municipios e Provincias:

Titular: Beatriz Domínguez Siaba.

Suplente: Beatriz Rodeiro Fernández.

6. En representación das universidades de Galicia, designada conxuntamente polas universidades do Sistema universitario de Galicia:

Titular: Rafael Vallejo Pousada.

Suplente: Bruno Casal Rodríguez.

Segundo. Nomear como secretaria do Consello da Economía Social de Galicia a Sofía Vales Fernández e como secretaria suplente a Beatriz Martínez Morales.

Contra esta resolución poderase interpoñer, potestativamente, recurso de reposición ante a persoa titular da Consellería de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 2019

Francisco José Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria