Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Mércores, 20 de febreiro de 2019 Páx. 10559

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (1187/2015-MA).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 1187/2015 por instancia de Manuel López Valiño contra Segur Euskal Security, S.L. e o Fogasa, sobre procedemento ordinario, nos cales se ditou sentenza o 24 de xaneiro de 2019 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolución.

Estímase a demanda formulada por Manuel López Valiño fronte á empresa Segur Euskal Security, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia, condénase a empresa Segur Euskal Security, S.L. a aboar á demandante a cantidade de oitocentos trinta e seis euros con oitenta céntimos de euro (836,80 euros), devindicando os conceptos salariais o xuro moratorio do 10 %.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela non cabe recurso de suplicación por razón da contía, sen prexuízo dos demais motivos previstos no artigo 191 da LRXS.

A competencia para coñecer o recurso de suplicación corresponderá, se é o caso, ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que debe anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, bastando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social, ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, consignar a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

Publicación. Expídoa eu, a letrada da Administración de xustiza, para facer constar que no día de hoxe o maxistrado xuíz deste xulgado entrega sentenza para a súa notificación e publicidade na forma permitida pola Constitución e as leis. A Coruña, 24 de xaneiro de 2019.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de suplicación, que se anunciará dentro dos cinco días seguintes á notificación da sentenza, ante este xulgado, do que coñecerá, se é o caso, a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, tal como establecen os artigos 188 e seguintes do texto refundido da Lei de procedemento laboral aprobado polo Real decreto lexislativo 2/1995, do 7 de abril.

Así por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Segur Euskal Security, S.L. expido e asino este edicto.

A Coruña, 30 de xaneiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza