Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Mércores, 20 de febreiro de 2019 Páx. 10561

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 6 da Coruña

EDICTO (ETX 66/2018).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 6 da Coruña, fago saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 66/2018, seguido por instancia de María Josefa Pena Silveira contra Creaciones Vavisando, S.L., sobre execución de sentenza do 24.7.2018 ditada no PO 234/18, ditáronse auto despachando execución e decreto de embargo con data do 13.12.2018, e contra os que pode interpoñer recurso de reposición e de revisión directo, respectivamente, no prazo de tres días. No devandito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro ambas as resolucións.

E para que sirva de notificación en legal forma a Creaciones Vavisando, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 28 de xaneiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza