Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Mércores, 20 de febreiro de 2019 Páx. 10562

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 6 da Coruña

EDICTO (ETX 5/2018).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 6 da Coruña, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 5/2018, seguido por instancia de Pablo Rodríguez Esmorís contra Govan Metalúrgica, S.L. e Evan Mobility, S.A., sobre extinción de relación laboral e reclamación de cantidade, ditouse decreto de embargo con data de hoxe, contra o que se pode interpoñer recurso de revisión no prazo de tres días. No devandito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro da resolución.

E para que sirva de notificación a Govan Metalúrgica, S.L. e Evan Mobility, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 28 de xaneiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza