Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Mércores, 20 de febreiro de 2019 Páx. 10575

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 17 de xaneiro de 2019, da Xefatura Territorial de Ourense, pola se que conceden as autorizacións administrativas previa e de construción para instalacións eléctricas no concello da Pobra de Trives (expediente IN408A 2018/11-3).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e da autorización administrativa de construción para a instalación eléctrica que a continuación se describe:

Solicitante: Iberdrola Generación, S.A.U.

Domicilio: rúa Circunvalación, nº 17, 32350 A Rúa.

Denominación: reforma do centro de transformación da estación de bombeo Ponte Bibei.

Situación: parcela referencia catastral: DG0100100PG48H0001AR, concello da Pobra de Trives (Ourense). Estación de bombeo da central hidráulica de Ponte Bibei, punto quilométrico 8, da estrada OU-636, na marxe esquerda do río Bibei.

Características técnicas: cambio de sitio do transformador de potencia de 2.500 kVA 20/6,3 kV que pasa ao exterior do edificio da estación de bombeo, en zona próxima ao acceso ao edificio, mantendo a posición actual das celas blindadas. Tendido de novos condutores unipolares, tipo DHZ1-2OL (AS) 12/20 kV 3×1×150 mm2 Al, na parte de 6,3 kV e aparellaxe necesaria.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, de 26 de decembro, do sector eléctrico, e os regulamentarios previstos no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial

RESOLVE:

• Conceder as autorizacións administrativas previa e de construción ás devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ao proxecto arriba sinalado e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que considere pertinente ao seu dereito.

Ourense, 17 de xaneiro de 2019

Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense