Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Mércores, 20 de febreiro de 2019 Páx. 10586

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 24 de xaneiro de 2019, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2018427AL-PO por infracción en materia sanitaria.

O 7 de xaneiro de 2019, a xefa territorial de Pontevedra ditou a resolución do expediente sancionador 2018427AL-PO incoado á persoa titular do DNI 39980548Q.

Tras intentar a notificación desta resolución consonte o artigo 40 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non se puido efectuar, polo que, mediante esta cédula, se lle notifica á persoa titular do DNI 39980548Q o contido da dita resolución que figura no anexo, segundo o disposto no artigo 44 da dita lei, para o seu coñecemento.

No caso de estar conforme con esta resolución, deberá facer efectiva a multa no seguinte prazo:

1. Se a publicación se realiza entre os días 1 e 15 do mes, desde a data da publicación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato hábil seguinte.

2. Se a publicación se realiza entre os días 16 e último do mes, desde a data da publicación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato hábil seguinte.

Para isto deberá empregar os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias desta xefatura territorial. O pagamento voluntario porá fin ao expediente. De non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade; Edificio Administrativo San Lázaro, en Santiago de Compostela, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, de conformidade co establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao á interesado/a, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

Pontevedra, 24 de xaneiro de 2019

A xefa territorial de Pontevedra
P.S. (Decreto 33/2014, do 6 de marzo; DOG núm. 53)
Beatriz Agrelo Lorenzo
Xefa do Servizo de Xestión de Pontevedra

ANEXO

Número de expediente: 2018427AL-PO.

DNI da persoa denunciada: 39980548Q.

Feito imputado: infracción do previsto no Regulamento (CE) 852/2004, do 29 de abril, relativo á hixiene dos produtos alimenticios.

Preceptos infrinxidos: capítulo XII do anexo II: «Formación. Os operadores de empresa alimentaria deberán garantir: 1) A supervisión e a instrución ou formación dos manipuladores de produtos alimenticios en cuestións de hixiene alimentaria, de acordo coa súa actividade laboral».

Tipificación: unha infracción administrativa tipificada como leve no artigo 51, número 1, da Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición: O incumprimento dos requisitos de formación ou instrución dos manipuladores de alimentos.

Sanción proposta: cento cincuenta euros (150 €).