Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Luns, 18 de febreiro de 2019 Páx. 10112

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Pontevedra

EDICTO (MMC 661/2015).

Eu, Patricia Raposo Fernández, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Pontevedra, fago saber que no procedemento MMC 661/2015, seguido por instancia de María Isabel Iglesias Lains fronte a Diego Fernández Poza se ditou sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza.

Pontevedra, 5 de novembro de 2018

Vistos por min, Guillermo de Miguel Ferrer, xuíz de reforzo do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Pontevedra, os autos de modificación de medidas número 661/2015, en que é parte demandante María Isabel Iglesias Lains, debidamente representada polo procurador Rafael Barrios Pérez e asistida da letrada Isabel Catoira Lamela, e parte demandada Diego Fernández Poza, en situación de rebeldía procesual; tamén interveu o Ministerio Fiscal na función que lle é propia.

Resolución:

Estimo a demanda interposta polo procurador Rafael Barrios Pérez, en nome e representación de María Isabel Iglesias Lains, contra Diego Fernández Poza, en situación de rebeldía procesual e, en consecuencia, procede a modificación das medidas adoptadas na sentenza de garda, custodia e alimentos número 484/2012, do 14 de decembro de 2012, ditada por este xulgado, no sentido que a seguir se detalla, sen facer expresa imposición de custas, e mantendo o resto de medidas:

Privar totalmente a Diego Fernández Poza da patria potestade sobre o seu fillo menor David Fernández Iglesias por incumprir gravemente os deberes inherentes a ela, coa conseguinte extinción do réxime de visitas establecido anteriormente ao seu favor.

Notifíquese esta resolución en forma legal ás partes, as que se advirte de que esta resolución non é firme, e contra ela cabe recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial de Pontevedra, que se tramitará polas regras establecidas na Lei de axuizamento civil.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E ao estar o dito demandado, Diego Fernández Poza, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Pontevedra, 6 de novembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza