Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Venres, 15 de febreiro de 2019 Páx. 9681

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense

EDICTO (DCT 600/2018).

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense

DCT. Divorcio contencioso 600/2018

Procedemento de orixe: sobre divorcio contencioso

Demandante: María Sigrada Guzmán Díaz

Procuradora: Ana Manuela López Puga

Avogada: Beatriz Figueroa Soto

Demandado: Mourad Tabet

Eu, Raquel Blanco Pérez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense, fago saber que neste órgano xudicial se tramita divorcio contencioso 600/2018, seguido por instancia de María Sigrada Guzmán Díaz contra Mourad Tabet, no cal se ditou a sentenza cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza de divorcio.

Sentenza 11/2019.

Maxistrada xuíza: Laura Guede Gallego.

Ourense, 9 de xaneiro de 2019

Vistos os presentes autos número 600/2018 sobre divorcio, promovidos pola procuradora Sra. López, en nome e representación de María Sigrada Guzmán Díaz, como demandante, asistida pola letrada Sra. Figueroa, contra Mourad Tabet, declarado en rebeldía.

Resolvo:

Acordo a disolución do matrimonio formado por María Sigrada Guzmán Díaz e Mourad Tabet con todos os efectos legais inherentes á dita disolución.

Non se impoñen as custas deste procedemento a ningunha das partes.

Esta sentenza non é firme. Conforme o disposto no artigo 208.4 da Lei de axuizamento civil (LAC), indícase que contra a presente resolución cabe interpor, no prazo de vinte (20) días, recurso de apelación (artigo 457 e seguintes da LAC) ante este tribunal, para o cal se deberá constituír o depósito legalmente establecido.

Unha vez que sexa firme esta resolución, comuníquese de oficio para a súa anotación no Rexistro Civil, onde figura a inscrición do matrimonio cuxa disolución se declara.

Así o acorda, manda e asina S.Sª.».

Para que así conste e sirva de cédula de notificación para o demandado Mourad Tabet, en paradoiro descoñecido, e para a súa colocación no taboleiro de anuncios do xulgado, expido este edicto.

Ourense, 22 de xaneiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza