Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Venres, 15 de febreiro de 2019 Páx. 9679

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Lugo

EDICTO (148/2018).

Divorcio contencioso (DCT) 880/2017

Cónxuxes: Salvia Calaza Vázquez; Elios Billiteri

Procuradora: Marta Eugenia Iglesias Penelas

Avogada: Cristina Pérez Salgado

Demandado: Ellos Billitteri

Eu, Francisco Julián Hinojal Gijón, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Lugo, fago saber que en virtude do acordado nos autos de referencia e, de conformidade co disposto nos artigos 156, 164 e 497 da LAC, por medio do pesente notifícasalle á parte demandada, Elios Billitteri, a sentenza 148/2018, de data 22 de marzo de 2018, cuxo encabezamento e decisión son os seguintes:

«Sentenza

Divorcio contencioso 880/2017

Xuíza que a dita: Aurelia Belo Fernández

Lugar: Lugo

Data: vinte e dous de marzo de dous mil dezaoito

Vistos por Aurelia Bello Fernández, maxistrada xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Lugo, os presentes autos de divorcio contencioso número 880/2017, seguidos por instancia de Salvia Calaza Vázquez, representada pola procuradora Sra. Iglesias Penelas e asistida pola letrada Sra. Pérez Salgado, contra Elios Billiteri, en situación de rebeldía procesual, con intervención do Ministerio Fiscal.

Decisión

Que, estimando a demanda presentada por Salvia Calaza Vázquez, representada pola procuradora Sra. Iglesias Penelas, contra Elios Billiteri, en situación de rebeldía procesual, coa intervención do Ministerio Fiscal, debo declarar e declaro:

1º. A disolución por divorcio do matrimonio contraído polos expresados, con todas as consecuencias legais inherentes a tal declaración.

2º. En relación coa filla común, a menor 0. B. C., establécense as seguintes medidas:

a) A patria potestade será compartida por ambos os proxenitores.

b) A garda e custodia da menor atribúeselle á nai, así como o uso e gozo da vivenda familiar.

c) O réxime de visitas a favor do pai será progresivo inicialmente os sábados e domingos alternos desde as 17.00 horas ata as 20.00 horas, sen pernoita, visitas que se realizarán coa presenza da nai ou dun familiar que esta designe, e con entrega e recollida da menor no domicilio materno. Transcorrido un ano, poderá ampliarse a fins de semana alternos, sábado e domingo de 12.00 horas a 19.00 horas, con entrega e recollida da menor no domicilio materno. Transcorridos dous anos, fins de semana alternos desde o sábado ás 11.00 horas ata o domingo ás 20.00 horas con pernoita, e deberase realizar a entrega e recollida da menor no domicilio materno. Para viaxar fóra do territorio español deberá contar coa autorización da nai.

d) En concepto de pensión de alimentos a favor da menor, o pai deberá aboar a cantidade de 200 euros mensuais, que se deberá ingresar nos cinco primeiros días de cada mes na conta que a nai designe para o efecto, e que deberá actualizarse anualmente o día 1 de xaneiro de cada ano de conformidade coas variacións que experimente o IPC. Cada proxenitor aboará a metade dos gastos extraordinarios.

3º. Non se fai especial condena en custas.

4º. Comuníqueselles esta sentenza aos rexistros civís correspondentes para os efectos rexistrais oportunos.

5º. Expídase e únase testemuño desta sentenza ás actuacións, coa inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Notifíqueselles ás partes, coa advertencia de que non é firme e que contra ela cabe interpor recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial de Lugo.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Maxistrado xuíz».

Lugo, 10 de xaneiro de 2019

O letrado da Administración de xustiza