Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Venres, 15 de febreiro de 2019 Páx. 9749

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 29 de xaneiro de 2019 pola que se notifica o acordo de inicio de procedemento de desafiuzamento administrativo do departamento para armadores número 8 de Morás (Lugo).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle a José Ramón Blanco Balseiro con DNI ****4083, mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado, requirimento previo de desafiuzamento administrativo do departamento para armadores número 8 do porto de Morás, por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos no último domicilio coñecido.

O expediente tramítase por atoparse extinguida a autorización, e non ser factible a súa renovación pola falla de concorrencia dos requisitos exixibles, incluídas as débedas existentes.

O presente acto administrativo que emite a Presidencia do Consello de Administración da entidade pública Portos de Galicia, de acordo coas competencias previstas no artigo 114 da Lei 5/2011 de patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, emítese en aplicación do artigo 113 desa lei, do artigo 148 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, e do artigo 31 do Decreto 227/1995, que aproba o regulamento da entidade pública Portos de Galicia.

O local deberá de ser abandonado nun prazo máximo de 10 días contado desde a publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, o que se formalizará coa entrega das chaves do peche exterior ao persoal de Portos de Galicia.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia ben que, a eficacia do acto notificado quedará supeditada a súa publicación no BOE.

Outórgase trámite de audiencia por un prazo máximo de 10 días hábiles contados desde a publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, durante o que poderán formularse alegacións e presentarse os documentos ou xustificacións que se consideren pertinentes.

De ser preciso, o desafiuzamento será executado co auxilio das Forzas e Corpos da Seguridade do Estado.

Contra este acto administrativo de iniciación non se admitirán accións interditais ou para a tutela sumaria da posesión das previstas na Lei de axuizamento civil.

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2019

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia