Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Xoves, 14 de febreiro de 2019 Páx. 9507

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mos

ANUNCIO de aprobación definitiva do Plan especial de infraestrutura e dotacións para o sistema xeral INF-07 previsto no Plan xeral de ordenación municipal.

O Pleno da Corporación, na sesión ordinaria celebrada o día 28 de xaneiro de 2019, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar definitivamente o Plan especial de infraestruturas e dotacións para o sistema xeral INF-07 previsto no plan xeral do Concello de Mos, coas modificacións resultantes dos informes emitidos.

Segundo. Publicar a aprobación definitiva no Diario Oficial de Galicia, para os efectos do establecido no artigo 82 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia. Esta publicación deberá realizarse no prazo dun mes desde a adopción da aprobación definitiva.

Igual, xunto á publicación deste acordo publicarase a indicación das medidas adoptadas para o seguimento dos efectos no ambiente da aplicación do plan e a referencia ao enderezo electrónico no cal figurará o contido íntegro do plan á disposición do público.

Terceiro. Comunicar o acordo de aprobación definitiva, en virtude do artigo 88 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, á consellería competente en materia de urbanismo, para a súa inscrición no Rexistro de Plan Urbanístico de Galicia, achegando un exemplar en soporte dixital, debidamente dilixenciado.

Cuarto. Notificar individualmente a aprobación definitiva do plan especial a todas as persoas titulares catastrais dos terreos afectados ás que xa se lles notificou a aprobación inicial deste, de conformidade co artigo 186.4 da lexislación da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, aprobado polo Decreto 143/2016, do 22 de setembro. O contido íntegro do devandito plan queda á disposición do público na web do Concello de www.mos.es e na sede electrónica https://mos.sedelectronica.gal

Contra o acordo de aprobación definitiva da citada modificación, que pon fin á vía administrativa, por ser unha disposición de carácter xeral, cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous (2) meses, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, conforme o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo. Todo iso sen prexuízo de interpoñer calquera outro recurso que se entenda máis procedente e sexa conforme dereito.

Mos, 6 de febreiro de 2019

Nidia Mª Arévalo Gómez
Alcaldesa