Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Xoves, 14 de febreiro de 2019 Páx. 9505

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Melón

ANUNCIO de información pública sobre a aprobaclón inicial do proxecto de expropiación, polo procedemento de taxación conxunta, para a obra de urbanización da vía de acceso ao velorio de Melón.

De conformidade co disposto no artigo 118 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, comunícase que o Concello de Melón, en sesión plenaria que tivo lugar o día 16 de xaneiro de 2019, acordou aprobar inicialmente o proxecto de expropiación, polo procedemento de taxación conxunta, para a obra de urbanización da vía de acceso ao velorio de Melón.

Así mesmo, acordouse someter a información pública, polo período dun mes, o referido proxecto mediante a inserción de anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior circulación da provincia, para que aquelas persoas que poidan resultar interesadas formulen as observacións e reclamacións que xulguen conveniente, en particular no que afecta a titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos, así como proceder á notificación individualizada con traslado literal das follas de valoración e da proposta de fixación dos criterios de valoración a todos os que aparezcan como titulares de bens e dereitos no expediente, para que poidan formular cantas alegacións e reclamacións consideren oportunas tanto con respecto ao expediente expropiatorio como á fixación do prezo xusto, por idéntico prazo dun mes.

A relación de bens e dereitos afectados é a que figura no anexo.

Melón, 18 de enero de 2019

María Cristina Francisco Vílchez
Alcaldesa

ANEXO

Parcela

Referencia catastral

Clasificación urbanística

Titular

Superficie expropiada (m2)

Importe (€)

DNI

1

4887307NG6748N

SRPEN, SRPI, SRPO

Álvarez Cervera, María Dolores

177,96

1.855,93

...519P

2

4887308NG6748N

SRPEN, SRPI

Álvarez Cervera, María Esther

501,51

6.206,18

...874M

3

4887309NG6748N

SRPEN, SRPI

Vázquez Lugo, José

11,73

114,40

...669F

4

32047B50100223

SRPEN, SRPO

Amaro Cendón, Rosa María del Pilar, 50 %

Chao Gómez, Luis Antonio, 50 %

852,36

11.768,56

...832A

...765E

5

32047B50100229

SRPEN

Monte Vecinal en Man Común Melón

204,91

1.463,49

...8269