Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Xoves, 14 de febreiro de 2019 Páx. 9452

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (DSP 209/2018).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 209/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Eliseti dos Santos Marteli contra Acción Global Sociedad Consultora, S.L., sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de resolución de contrato e despedimento foi interposta por Eliseti dos Santos contra a entidade Acción Global Sociedad Consultora, S.L., debo declarar e declaro improcedente o despedimento de que foi obxecto o 9 de marzo de 2018, e ademais extinguida a relación laboral que vinculaba a Eliseti dos Santos coa entidade Acción Global Sociedad Consultora, S.L. no día de hoxe (23 de xaneiro de 2018), e condeno a entidade Acción Global Sociedad Consultora, S.L. ao aboamento dunha indemnización a razón de 8.052,01 euros e salarios de tramitación devindicados entre o 9 de marzo de 2018 e o 23 de xaneiro de 2019, a razón de 38,03 euros día, o que supón a cantidade de 12.169,6 euros.

Coa intervención do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra ela recurso de suplicación ante a Sala do social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación».

E para que sirva de notificación en legal forma a Acción Global Sociedad Consultora, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 25 de xaneiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza