Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Mércores, 13 de febreiro de 2019 Páx. 9269

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO de aprobación definitiva do estudo de detalle do ámbito 04 do ARI de Vite, nas avenidas de García Lorca e Castelao e rúa Celso Emilio Ferreiro.

O Pleno da Corporación, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 20 de decembro de 2018, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«Aprobar definitivamente o estudo de detalle do ámbito 04 do ARI de Vite (avenidas de García Lorca e Castelao e rúa Celso Emilio Ferreiro), redactado pola arquitecta Cristina Ansede Viz, sen modificacións respecto do inicialmente aprobado, e cos condicionantes que derivan dos informes emitidos pola Comisión Asesora do Casco Histórico e pola Dirección Xeral do Patrimonio Cultural.

O estudo de detalle contén a delimitación espacial do ámbito da actuación, para os efectos do disposto polo artigo 24 do Real decreto lexislativo 7/2015, que habilita a ocupación do dominio público e das superficies comúns de uso privativo para a instalación de ascensores ou outros elementos que aseguren a accesibilidade universal, así como para a realización de obras ou instalacións que reduzan a demanda enerxética.

O acordo de aprobación definitiva publicarase no Diario Oficial de Galicia, e a normativa e ordenanzas publicaranse no Boletín Oficial da provincia.

Así mesmo, remitirase á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda a documentación exixida polo artigo 88.3 da LSG, para os efectos de inscribir o estudo de detalle no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia.

En todo caso, e de conformidade co exixido polo artigo 199.4 do RLSG, a eficacia do acto de aprobación definitiva e a entrada en vigor do Plan quedan condicionadas ao cumprimento dos anteriores trámites e ao sinalado no artigo 70.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases do réxime local, en relación co 65.4 da mesma lei.

Así mesmo, notificarase persoalmente o acordo ás persoas que formularon alegacións».

Contra o acordo da aprobación definitiva do citado estudo de detalle poderase interpoñer directamente recurso contencioso administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 11 de xaneiro de 2019

O alcalde
P.D. (Decreto 28.6.2017)
Jorge Duarte Vázquez
Concelleiro delegado de Espazos Cidadáns,
Dereito á Vivenda, Mobilidade e Relacións Veciñais