Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Mércores, 13 de febreiro de 2019 Páx. 9200

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO de notificación (DSP 214/2018).

Eu, María Blanco Aquino, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 214/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Moisés Vázquez Prieto contra a empresa Rovira Serveis Logistics Integrals, S.L., sobre despedimento, foi ditada a sentenza cuxa parte dispositiva di:

«Decido.

Que, estimando a demanda interposta por Moisés Vázquez Prieto contra a empresa Rovira Serveis Logistics Integrals, S.L., debo declarar e declaro improcedente o despedimento efectuado ao demandante e condeno a demandada a que, no prazo de cinco días desde a data da notificación da sentenza, opte entre a readmisión inmediata do demandante, nas mesmas condicións que posuía con anterioridade, ou o aboamento dunha indemnización de 343,03 euros. No caso de que opte pola readmisión, o traballador terá dereito aos salarios de tramitación, que ascenden a 20,79 euros/día.

Notifíquese esta resolución ás partes, ás cales se fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e que se debe anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da notificación desta sentenza, e no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta, deberá, ao anunciar o recurso, entregar comprobante de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banco de Santander desta cidade.

E, igualmente, deberá, no momento de interpor o recurso, consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza, xulgando definitivamente».

E para que sirva de notificación en legal forma a Rovira Serveis Logistics Integrals, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 24 de xaneiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza