Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Mércores, 13 de febreiro de 2019 Páx. 9201

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (PO 904/2016).

Eu, María Blanco Aquino, letrada Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 904/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Cristina Guerrero Buch contra a empresa Corona Rodríguez Rial, sobre ordinario, foi ditada sentenza cuxa parte dispositiva di:

«Decido.

Que, estimando a demanda interposta pola demandante Cristina Guerrero Buch debo condenar e condeno a empresa Corona Rodríguez Rial a aboar á demandante a cantidade de 994,57 euros polos conceptos reclamados na demanda máis os xuros legais correspondentes.

Notifíquese esta resolución ás partes, ás cales se fará saber que contra ela non cabe recurso de suplicación.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza, xulgando definitivamente».

E para que sirva de notificación en legal forma a Corona Rodríguez Rial, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 24 de xaneiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza