O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, o día 27 de novembro de 2018, ditou resolución pola que se declara a inadmisibilidade, por carecer de lexitimación activa, do recurso interposto contra a Resolución do 13 de xuño de 2017, do director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, que declarou ilegalizable unha edificación residencial e a pavimentación de formigón na parcela 53 do polígono 44 no lugar de Renza, Sobrán, no termo municipal de Vilagarcía de Arousa, e ordenou a Silveria Padín Navia a demolición pola súa conta das ditas obras, a reposición dos terreos afectados ao estado anterior ao inicio das obras e o cesamento definitivo dos usos.
Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución a Silveria Padín Navia, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á interesada a dita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.
Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber á interesada que o texto íntegro da resolución que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.
Contra a dita resolución, que é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado do contencioso-administrativo da circunscrición onde radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1.3 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, segundo o disposto no artigo 46.1 da citada lei.
Para que conste e lle sirva de notificación á citada interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.
Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 2019
José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística