Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Mércores, 13 de febreiro de 2019 Páx. 9247

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 23 de xaneiro de 2019 pola que se notifica a resolución do recurso de reposición contra a Resolución do 13 de xuño de 2017 (expediente PON/149/2016-R1).

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, o día 27 de novembro de 2018, ditou resolución pola que se declara a inadmisibilidade, por carecer de lexitimación activa, do recurso interposto por Juan Navazas Arias contra a Resolución do 13 de xuño de 2017, do director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, que declarou ilegalizable unha edificación residencial e a pavimentación de formigón na parcela 53 do polígono 44 no lugar de Renza, Sobrán, no termo municipal de Vilagarcía de Arousa, e ordenou a demolición das ditas obras, a reposición dos terreos afectados ao estado anterior ao inicio das obras e o cesamento definitivo dos usos.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución a Juan Navazas Arias, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle ao interesado a dita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro da resolución que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra a dita resolución, que é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado do contencioso-administrativo da circunscrición onde radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1.3 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, segundo o disposto no artigo 46.1 da citada lei.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 2019

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística