Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Mércores, 13 de febreiro de 2019 Páx. 9216

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de decreto (ETX 266/2014).

ETJ execución de títulos xudiciais 266/2014

Procedemento orixe: procedemento ordinario 395/2013

Sobre ordinario

Demandante: José Alberto Rey Sande

Avogado: Torcuato Pablo Labella Lozano

Demandados: Jaisuyoma Arias Bastos, S.L., Fondo de Garantía Salarial

Avogado/a: Letrado do Fogasa

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais número 266/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Alberto Rey Sande, contra a empresa Jaisuyoma Arias Bastos, S.L., sobre reclamación de cantidade, foi ditado decreto no 24 de xaneiro de 2019 cuxa parte dispositiva di literalmente:

«Parte dispositiva.

Acordo:

a) Ratificar a insolvencia total declarada do executado Jaisuyoma Arias Bastos, S.L. por decreto do 3 de febreiro de 2015, polo importe de 2.959,07 euros en concepto de principal, máis 295,90 euros que provisoriamente se orzan para xuros, gastos e custas.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente e sen prexuízo de continuar a execución se en diante se coñeceren novos bens do executado.

Notifíquese ás partes facéndolles saber que en aplicación do mandado contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se for o caso caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles tentadas sen efecto serán válidas en canto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou semellante, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que se deberá interpor ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 3 aberta no Banco de Santander, conta número 5076 0000 64 0266 14. Se o ingreso se fixer mediante transferencia bancaria, deberase ingresar na conta número 000493569920005001274, e no campo “concepto” deberase indicar o número de conta 5076 0000 64 0266 14. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta, deberase especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada no formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acordo e asino. Dou fe.

A letrada da Administración de xustiza».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

E para que sirva de notificación a Jaysuyoma Arias Bastos, S.L., expido este edicto.

Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza