Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Martes, 12 de febreiro de 2019 Páx. 8991

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 18/2019).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 18/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fremap contra Casal Munín, S.L. e o Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS), se ditaron as seguintes resolucións cuxas partes dispositivas son do teor literal seguinte:

«Auto.

Maxistrada xuíza: Paula Méndez Domínguez.

Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 2019.

Parte dispositiva.

Dispoño: despachar orde xeral de execución da sentenza número 158/2018, con data do 19 de marzo, ditada no procedemento SSS 561/15 a favor da parte executante, Fremap, fronte a Casal Munín, S.L. e, como responsable subsidiario, o INSS, parte executada, por importe de 4.977,44 euros en concepto de principal (subsidio de IT anticipado), máis outros 497,74 euros, que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Contra este auto poderá interporse recurso de reposición, que se interporá ante este órgano xudicial no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación, no cal, ademais de alegar as posibles infraccións en que puidese incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, poderá deducirse a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que acaeceren con posterioridade á constitución do título, a non ser a compensación de débedas admisible como causa de oposición á execución.

Así o acorda e asina a maxistrada xuíza. Dou fe.

A xuíza

A letrada da Administración de xustiza».

«Decreto.

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 2019.

Parte dispositiva.

Para dar efectividade ás medidas concretas solicitadas, acordo:

1. Requirir a executada Casal Munín, S.L., co fin de que no prazo de dez días aboe a cantidade de 4.977,44 euros en concepto de principal (subsidio de IT anticipado), máis outros 497,74 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, importe que se ingresará na conta deste xulgado, aberta no Banco Santander co número IBAN ES55 0049 3569 9200 0500 1274 (nº de expediente xudicial 1589 0000 64 0018 19), con apercibimento de que, no caso de non formaliz<ar o requirimento no prazo conferido, e realizará o embargo dos seus bens para cubrir a dita suma, logo da súa investigación a través da aplicación informática deste xulgado.

2. Requirir a Casal Munín, S.L. co fin de que no prazo de dez días manifeste relacionadamente bens e dereitos suficientes para cubrir a contía da execución, con expresión, de ser o caso, das cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, no caso de non verificalo, poderá ser sancionado, cando menos, por desobediencia grave, no caso de que non presente a relación dos seus bens, inclúa nela bens que non sexan seus, exclúa bens propios susceptibles de embargo ou non desvele as cargas e gravames que sobre eles pesaren, e poderán impoñérselle tamén multas coercitivas periódicas.

3. Requirir a parte executante Fremap para que achegue número de conta bancaria da súa titularidade, co fin de transferir as cantidades que, de ser o caso, se puidesen obter nesta execución.

Modo de impugnación: contra esta resolución cabe recurso directo de revisión, que deberá interporse ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente (artigo 188 da LJX).

A letrada da Administración de xustiza».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Casal Munín, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza