Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Martes, 12 de febreiro de 2019 Páx. 8990

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (330/2018).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 330/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Teresa Castro Calvelo contra a empresa Pescados Carbia, S.L., sobre despedimento, ditouse sentenza de 14.12.2018 cuxo texto íntegro se atopa á súa disposición na oficina xudicial e auto de aclaración desta do 22.1.2019.

Contra a presente resolución cabe interpoñer recurso de suplicación ante a Sala do social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme establecen os artigos 191 e seguintes a Lei reguladora da xurisdición social, que debe anunciarse dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, e a recorrente debe consignar, coa interposición do recurso e coas excepcións previstas no artigo 229 do texto citado, a suma de 300 euros na conta que este xulgado ten aberta na oficina principal de Banesto desta cidade, baixo a denominación depósitos e consignacións, co numero 5081 especificando a clave 65 ao tratarse dun recurso de suplicación.

Así mesmo e coa excepción prevista no artigo 230 do texto mencionado, será indispensable acreditar, no momento do anuncio do recurso, consignar na conta anteriormente citada a cantidade obxecto de condena, aínda que pode procederse a asegurar a suma por medio de aval bancario, con responsabilidade do avalista.

E para que sirva de notificación en legal forma a Pescados Carbia, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 23 de xaneiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza