Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Luns, 11 de febreiro de 2019 Páx. 8782

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 19/2019).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 19/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Javier Martínez Martínez contra Calvi Proyectos, S.L., Fogasa, se ditaron as seguintes resolucións cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Auto

Maxistrada xuíza: Ana María Souto González

Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 2019

Parte dispositiva

Dispoño: despachar orde xeral de execución da sentenza número 515/2018, de data 26 de novembro de 2018, ditada no procedemento ordinario 70/2016 a favor da parte executante, Javier Martínez Martínez, fronte a Calvi Proyectos, S.L., Fogasa, parte executada, por importe de 12.349,11 euros en concepto de principal (9.495,31 euros en concepto de salarios, 2.853,8 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET respecto da cantidade anterior), máis outros 1.234,91 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Contra este auto poderá interporse recurso de reposición, que se interporá ante este órgano xudicial no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación.

Así o acorda e asina o/a maxistrado/a. Dou fe.

O/A maxistrado/a

A letrada da Administración de xustiza».

«Decreto

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades

Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 2019

Parte dispositiva

Acordo, en cumprimento do requisito que se contén no artigo 276.3 e previamente á estimación na presente executoria da pervivencia da declaración de insolvencia da parte executada Calvi Proyectos, S.L., dar audiencia previa a la parte demandante Javier Martínez Martínez e ao Fondo de Garantía Salarial, por termo de quince días, para que poidan sinalar a existencia de novos bens, e do seu resultado acordarase o procedente.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que se deberá interpor ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente (artigo 188 da LXS).

A letrada da Administración de xustiza».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Calvi Proyectos, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza