Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Luns, 11 de febreiro de 2019 Páx. 8784

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (437/2017).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 437/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Arantxa Tome Antelo, se pronunciou a seguinte resolución:

Acordo:

– Ter por desistida a Arantxa Tome Antelo da súa demanda fronte a Logi and Health Lifestyle Company, S.L. e Fogasa.

– Arquivar as actuacións unha vez que sexa firme a presente resolución.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Logi and Health Lifestyle Comp., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza