Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Luns, 11 de febreiro de 2019 Páx. 8632

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 2019, da Dirección Xeral de Inclusión Social, pola que se publica a Resolución do 3 de decembro de 2018 do procedemento BS631A de concesión de axudas a entidades de iniciativa social para a promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e inclusión social e se procede á súa convocatoria para os anos 2018, 2019 e 2020 (cofinanciada parcialmente polo Fondo Social Europeo e polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco dos programas operativos FSE Galicia 2014-2020 e Feder Galicia 2014-2020).

A Consellería de Política Social convocou no ano 2018, a través da Orde do 13 de xuño de 2018 (DOG núm. 121, do 26 de xuño), as bases do procedemento de concesión de axudas ás entidades de iniciativa social para a promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e inclusión social e se procede á súa convocatoria para os anos 2018, 2019 e 2020 (cofinanciada parcialmente polo Fondo Social Europeo e polo o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco dos programas operativos FSE Galicia 2014-2020 e Feder Galicia 2014-2020), DOG nº 121, do 25 de xuño de 2018.

Pola Resolución do 22 de outubro de 2018 resolveuse a convocatoria de axudas do procedemento BS631A de concesión de axudas a entidades de iniciativa social para a promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e inclusión social e se procede á súa convocatoria para os anos 2018, 2019 e 2020. Nesta resolución denegáronse solicitudes por insuficiencia de crédito.

Posteriormente ditouse a Orde do 29 de novembro de 2018 pola que se fai público o incremento do crédito das axudas previstas na Orde do 13 de xuño de 2018. Tendo en conta este incremento de crédito, procedeuse a distribuír o crédito existente entre as entidades que non resultaron beneficiarias por insuficiencia de crédito, ditándose unha segunda resolución da convocatoria de axudas.

De conformidade co artigo 14 da antedita orde, a resolución dos expedientes de axudas corresponde, por delegación, ao director xeral de Inclusión Social.

As resolucións das solicitudes sometidas a un procedemento de concorrencia competitiva estarán motivadas e indicarán a puntuación acadada no proceso de valoración. Coa notificación ao beneficiario informarase das condicións da axuda, de conformidade co establecido nos artigos 125.3.c) e d), 125.4.a) e 67.6) do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, no artigo 10 do Regulamento de execución (UE) nº 1011/2014 da Comisión, do 22 de setembro de 2014, e no anexo III do Regulamento delegado (UE) nº 480/2014 da Comisión, do 3 de marzo.

No seu artigo 10 establece que os actos administrativos e a correspondentes resolución ditada no procedemento para a concesión de subvencións publicaranse no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Esta publicación producirá os efectos de notificación.

Polo exposto,

RESOLVO:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 3 de decembro de 2018, ditada no procedemento BS631A de concesión de axudas as entidades de iniciativa social para a promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e inclusión social, que se xunta á presente resolución no anexo.

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2019

Arturo Parrado Puente
Director xeral de Inclusión Social

ANEXO

Resolución do 3 de decembro de 2018, ditada no procedemento BS631A
de concesión de axudas ás entidades de iniciativa social para a promoción
de actuacións de servizos sociais comunitarios e inclusión social

Antecedentes:

1. Con data 30 de novembro de 2018, publicouse no DOG a Orde do 29 de novembro de 2018 pola que se fai público o incremento do crédito das axudas previstas na Orde do 13 de xuño de 2018 pola que se establecen as bases que rexen a concesión de subvencións a entidades de iniciativa social para a promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e inclusión social e se procede a súa convocatoria para os anos 2018, 2019 e 2020 (cofinanciada parcialmente polo Fondo Social Europeo e polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco dos programas operativos FSE Galicia 2014-2010 e Feder Galicia 2014.2020), de acordo co establecido no artigo 2.2 da Orde do 13 de xuño de 2018.

2. A Comisión de Valoración de Subvencións, reunida en segunda convocatoria, acordou proceder a unha segunda distribución de crédito entre as actuacións das tipoloxías 4.1.b) 2º e 4.1 b) 3º que non acadaron financiamento por insuficiencia de crédito. Para iso, empregouse a relación ordenada por puntuación das actuacións susceptibles de ser baremadas na primeira reunión da Comisión de Valoración e empezou a asignarse o crédito na primeira actuación que quedou sen financiamento completo, seguindo a repartición por orde decrecente ata o seu esgotamento total.

3. Unha vez fiscalizado o gasto de conformidade pola Intervención Delegada, o director xeral de Inclusión Social, en virtude do artigo 14 e disposición derradeira primeira, resolveu a concesión das subvencións.

Por todo o anterior,

RESOLVO:

Primeiro. A concesión das subvencións solicitadas para as seguintes actuacións coas contías e motivos que se indican:

Actuacións singularizadas que constitúan a totalidade ou parte dun programa de carácter innovador e/ou complementario dos servizos sociais comunitarios básicos ou atención dirixida a fomentar a inclusión social e o acceso e permanencia no mercado de traballo das persoas en situación ou risco de exclusión social, incluíndo aquela dirixida de xeito exclusivo á poboación inmigrante (artigo 4.1.b):

a) Atención dirixida a fomentar a inclusión social e o acceso e permanencia no mercado de traballo das persoas en situación ou risco de exclusión social (artigo 4.1.b) 2º), coa seguinte desagregación (relación anexo I).

b) Atención dirixida a fomentar a inclusión social e o acceso e permanencia no mercado de traballo da poboación inmigrante (artigo 4.1.b) 3º), coa seguinte desagregación (relación anexo II).

Segundo. As contías correspondentes ás actuacións do artigo 4.1.b) 2º e 4.1.b) 3º están subvencionadas nun 80 % polo FSE no programa operativo de Galicia 2014-2020, con encaixe no obxectivo temático 9, promover a inclusión social e loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación, prioridade de investimento 9.1, a inclusión activa, tamén con vistas a promover a igualdade de oportunidades, así como a participación activa e a mellora da posibilidade de encontrar un emprego, obxectivo específico 9.1.1, mellorar a inserción socio-laboral de persoas en situación ou risco de exclusión social, a través da activación e de itinerarios integrados e personalizados de inserción, e as contías correspondentes ás actuacións do artigo 4.1.c) están subvencionadas nun 80 % polo Feder dentro do programa operativo de Galicia 2014/2020, con encaixe no obxectivo temático 9, promover a inclusión social e loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación, prioridade de investimento 9.7, investimento en infraestruturas sociais e sanitarias que contribúan ao desenvolvemento nacional, rexional e local e reduzan as desigualdades sanitarias, e o fomento da inclusión social mediante unha mellora do acceso aos servizos sociais, culturais e recreativos e a transición dos servizos institucionais aos servizos locais, obxectivo específico 9.7.1, investimento en infraestrutura social e sanitaria que contribúa ao desenvolvemento nacional, rexional e local, e reduza as desigualdades sanitarias e transición dos servizos institucionais aos servizos locais, actuación CPSO 9.7.1.2, axudas para o investimento en centros de inclusión social e en centros de menores para a adaptación ás necesidades funcionais, categoría de intervención CE055, outra infraestrutura social que contribúa ao desenvolvemento rexional e social, e deberán cumprir as normas establecidas no Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rural e ao Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, e polo que se establecen disposicións xerais relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión e ao Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, e se derroga o Regulamento (CE) nº 1083/2006 do Consello, nos regulamentos (UE) nº 1301/2013 e nº 1304/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, sobre o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e Fondo Social Europeo, polo que se derroga o Regulamento (CE) nº 1081/2006 do Consello e nas normas de subvencionabilidade ditadas pola autoridade de xestión para o período 2014-2020.

Terceiro. O método utilizado para a estimación dos custos será, para aquelas axudas subvencionadas polo FSE, e o de baremos estandar de custos unitarios e, no caso das axudas financiadas polo Feder, será o de custos reais a través da conta xustificativa.

Cuarto. A aceptación da subvención implica a aceptación da inclusión das persoas beneficiarias na lista de operacións que se publicará co contido previsto no anexo XII do Regulamento (UE) nº 1303/2013, así como na Base de datos nacional de subvenciones (BDNS).

Quinto. A recepción deste documento implica aceptar a obriga de aplicar medidas antifraude eficaces e proporcionadas no seu ámbito de xestión e cumprir a normativa comunitaria, estatal e autonómica de aplicación, en particular, a normativa en materia de subvencións (RDC artigo 125.4.c). A detección de feitos que puideran ser constitutivos de fraude ou irregularidade serán comunicados ao Servizo Nacional de Coordinación Antifraude (SNCA) nos termos establecidos na Comunicación 1/2017 do SNCA, do 6 de abril, sobre a forma en que poden proceder as persoas que teñan coñecemento de feitos que puideran ser constitutivos de fraude ou irregularidade en relación con proxectos ou operacións financiados total ou parcialmente con cargo a fondos procedentes da Unión Europea.

Sexto. Dispón de dez (10) días para comunicar a súa aceptación. No caso de non comunicación entenderase tacitamente aceptada en todas as súas condicións.

Sétimo. O pagamento das axudas farase de acordo co establecido no artigo 21 e unha vez xustificada cada anualidade nos prazos e forma previstos no artigo 18 da orde de convocatoria.

As entidades beneficiarias deberán xustificar cada anualidade de xeito independente. A primeira comprende as actuacións realizadas entre o 1 de xullo de 2018 e o 30 de novembro de 2018, ambos incluídos, e a xustificación presentarase con data límite do 5 de decembro de 2018; a segunda comprende as actuacións realizadas entre o 1 de decembro de 2018 e o 30 de novembro de 2019, ambos incluídos, e a xustificación presentarase con data límite do 5 de decembro de 2019; a terceira comprende as actuacións desde o 1 de decembro de 2019 ata o 30 de xuño de 2020, ambos incluídos , e a xustificación presentarse con data límite do 15 de xullo de 2020. No caso de subvencións para a construción, ampliación e mellora de centro en que, de conformidade co artigo 5.3, se adquiran compromisos alén do 30 de xuño de 2020 e antes do 30 de novembro do mesmo ano, a data límite para presentar a xustificación desta anualidade será o 5 de decembro de 2020.

Oitavo. Cando a subvención teña por obxecto o financiamento de actuacións recollidas no artigo 4.1.b) da orde de convocatoria e o importe da axuda sexa inferior ao solicitado, de conformidade co previsto no artigo 25 da lei 9/2007, do 13 de xuño, e 14.5 da orde de convocatoria, a entidade beneficiaria poderá, nun prazo de dez días desde a notificación, reformular a solicitude para axustar os compromisos e as condicións á subvención proposta e/ou formule as alegacións que considere pertinentes. En calquera caso, a reformulación de solicitudes deberá respectar o obxecto, as condicións e a finalidade da subvención, así como os criterios de valoración establecidos e que deron lugar ao seu outorgamento. Así mesmo, a dita reformulación non poderá comprometer a viabilidade do programa, polo que se deberán manter os gastos necesarios para o seu correcto desenvolvemento.

Noveno. En xeral as axudas concedidas condicionaranse ao cumprimento das obrigas establecidas na orde polo que deberá:

Executar e acreditar a realización da actuación que fundamenta a concesión da subvención e o cumprimento dos requisitos e das condicións desta ante o órgano concedente. A aceptación da axuda supón a declaración de que o beneficiario ten capacidade administrativa, financeira e operativa suficiente para cumprir as súas condicións (RD artigo 125.3.d).

Manter de forma separada na contabilidade as axudas percibidas. No caso das subvencións financiadas polo FSE Galicia 2014-20, manter unha pista de auditoría suficiente e manter de forma separada na contabilidade o ingreso da axuda percibida.

En todo caso, respecto das axudas cofinanciadas con FSE ou Feder deberán conservar toda a documentación relativa á subvención durante un período de tres anos que se contará a partir do 31 de decembro seguinte á presentación destas contas en que estean incluídos os gastos da operación perante á Comisión Europea. O comezo deste prazo será oportunamente comunicado pola Dirección Xeral de Política Financeira, Tesouro e Fondos Europeos.

Os beneficiarios comprométense a asumir a responsabilidade de adoptar as medidas necesarias para facer chegar ao publico información sobre as operacións financiadas polo PO Feder/FSE, de acordo co estipulado no artigo 2.2 do anexo XII do Regulamento (UE) nº 1303/2013. En particular, deberán facer constar, en todo tipo de publicidade e información ás actuacións realizadas, a condición de subvencionados pola Consellería de Política Social, se é o caso, polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional 2014/2020 ou PO FSE Galicia 2014/2020, segundo o establecido no anexo XII do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello. En todas as medidas de información e comunicación que leve a cabo, o beneficiario deberá recoñecer o apoio recibido ao proxecto debendo figurar o emblema da Unión e unha referencia á Unión Europea, referencia ao Fondo Feder ou FSE que dá apoio ao proxecto e aos lemas dos fondos. Durante a realización do proxecto e durante o período de duración dos compromisos de mantemento do investimento ou emprego informarase do apoio dos fondos a través dun cartel dun tamaño mínimo A3 nun lugar destacado e visible. Tamén se informará na páxina web, no caso de dispoñer dela, sobre a actuación e a axuda financeira recibida da Unión Europea e sobre os obxectivos e resultados da operación financiada. As características técnicas para a exhibición do emblema da Unión e referencia ao Fondo deberán axustarse ao establecido nos artigos 3, 4 e 5 do Regulamento (UE) nº 821/2014 da Comisión, do 28 de xullo de 2014.

Informar, se é o caso, as persoas destinatarias de que as actuacións en que participan están financiadas pola Xunta de Galicia (Consellería de Política Social) e, se é o caso, cofinanciadas polo Feder e/ou FSE, así como dos obxectivos dos fondos, figurando os emblemas, como mínimo, nos partes de asistencia/participación, enquisas de avaliación ou certificados de asistencia.

Adecuar a metodoloxía das actuacións, así como a de recollida e proceso de datos de seguimento e acreditación da realización da actividade de persoas beneficiadas ás fórmulas que, se é o caso, propoña a Consellería de Política Social e, se así é requirido, incorporarse como usuarias da aplicación informática deseñada e implantada para a xestión da Estratexia de inclusión social de Galicia 2014-2020. Así mesmo, deberán realizar as actuacións precisas para recoller información suficiente relativa ao desenvolvemento das actuacións que permita dar cumprimento aos requisitos de información a través de indicadores de produtividade e resultados enumerados no artigo 5 do Regulamento (UE) nº 1304/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, relativo ao FSE. Os indicadores de produtividade relativos a persoa solicitante refírense á data inmediatamente anterior ao inicio da vinculación do participante coas actuacións subvencionadas, mentres que os indicadores de resultado inmediato deberán referirse ao período comprendido entre o día posterior á finalización da súa vinculación coa operación e as catro semanas seguintes, no período de xustificación da correspondente subvención. Así mesmo, a Administración poderá requirir novos datos no prazo de seis meses desde que finalice a vinculación do participante coa actividade cofinanciada, coa finalidade de formalizar os indicadores de resultado a longo prazo descritos no antedito regulamento. Para estes efectos, seralles facilitados o acceso á aplicación Participa 1420. Polo que respecta aos indicadores relativos ás axudas ao investimento en centros de inclusión e emerxencia social, realizarase un reconto global da capacidade máxima de persoas para as que está deseñado o centro e no caso de adquisición de equipamento de uso social, farase unha estimación da poboación beneficiaria durante a súa vida útil.

Comunicar as variacións das datas de inicio e remate das actuacións previstas na solicitude, así como os informes e demais documentación que reclamen os órganos competentes da Consellería de Política Social, en especial, os relativos á subministración de información nos termos establecidos no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei, e certificado en que se indique o número estimado da poboación beneficiada para a actuación no período subvencionado pola orde de convocatoria.

Remitir no prazo de dez días os informes e demais documentación que reclamen os órganos competentes da Consellería de Política Social.

Someterse ás actuacións de comprobación e control e facilitar toda a información requirida pola Dirección Xeral de Inclusión Social, e ás verificacións dos organismos implicados na xestión e seguimento do PO FSE Galicia 2014-2020 e Feder, incluídas as visitas sobre o terreo, que se establezan en aplicación dos artigos 72, 73 e 74 do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, así como pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Consello de Contas, o Tribunal de Contas, e outros órganos de control impostos pola normativa comunitaria no exercicio das súas funcións de fiscalización e control.

Proceder ao reintegro dos fondos percibidos, total ou parcialmente, no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión ou nos supostos previstos no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

A detección de irregularidades pode implicar a aplicación de correccións financeiras e a solicitude de devolución dos importes percibidos indebidamente, xunto cos correspondentes xuros de demora. As irregularidades detectadas no gasto xustificado do beneficiario reducirán a axuda Feder da operación.

Someterse ás actuacións de control e análise de riscos que poida efectuar a autoridade de xestión do programa operativo e, se é o caso, os órganos competentes do organismo intermedio con axuda de ferramentas informáticas específicas da Unión Europea, en particular, a aplicación informática Arachne.

O beneficiario deberá introducir os datos e os documentos de que sexa responsable, así como todas as súas posibles actualizacións, nos sistemas de intercambio electrónico de datos de acordo ás especificacións determinadas na convocatoria de axudas, en cumprimento do artigo 122, número 3, parágrafo primeiro, do Regulamento (UE) nº 1303/2013, e o artigo 10.1 do Regulamento 1011/2014, do 22 de setembro de 2014.

Todas aquelas obrigas e requisitos que se desprendan do articulado desta orde e dos artigos 10 e 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e da súa normativa de desenvolvemento.

Décimo. As resolucións expresas ou presuntas que se diten ao abeiro desta orde poñerán fin á vía administrativa e contra elas poderá interpoñerse, se é o caso, recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, contado a partir da notificación da resolución expresa, ou en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto, ante o mesmo órgano que as ditou, de acordo co previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a orde xurisdicional competente, de conformidade co establecido no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, no prazo de dous meses, contados desde a súa notificación, se o acto é expreso, ou seis meses a partir do día seguinte a que se produza o acto presunto, e sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren oportuno.

Santiago de Compostela, 3 de decembro de 2018

A conselleira de Política Social. P.D. (Artigo 14 da Orde do 13.6.2018; DOG núm. 121, do 25 de xuño). Arturo Parrado Puente, director xeral de Inclusión Social.

ANEXO I

Axudas concedidas

Atención dirixida a fomentar a inclusión social e o acceso e permanencia no mercado de traballo das persoas en situación ou risco de exclusión social (artigo 4.1.b) 2º), coa seguinte desagregación:

Expediente

NIF

Entidade

Actuación

Prioridade

Puntos

Concedido 2018 (€)

Concedido 2019 (€)

Concedido 2020 (€)

BS631A 2018/126

G32383549

Asociación para a Prevención e Educación Social

Proxecto presentes, acompañamento para o emprego

Prioritaria

31

 

41.500,00

 

BS631A 2018/106

G35103431

Radio ECCA. Fundación Canaria

Preparación graduado ESO-grupo II Cangas

Prioritaria

29

 

7.117,21

 

BS631A 2018/106

G35103431

Radio ECCA. Fundación Canaria

Preparación graduado ESO-grupo I-Cangas

Prioritaria

29

 

1.803,68

 

BS631A 2018/106

G35103431

Radio ECCA. Fundación Canaria

Competencias dixitais e persoais para a procura de emprego, Vigo

Prioritaria

30,5

 

2.437,40

 

BS631A 2018/106

G35103431

Radio ECCA. Fundación Canaria

Competencias dixitais e persoais para a procura de emprego, Ames

Prioritaria

31

 

2.437,40

 

BS631A 2018/106

G35103431

Radio ECCA. Fundación Canaria

Competencias dixitais para a procura de emprego, Ames

Prioritaria

31

 

2.437,40

 

BS631A 2018/106

G35103431

Radio ECCA. Fundación Canaria

Preparación Competencias Clave Nivel 2, Vigo

Prioritaria

30,5

 

4.314,20

 

BS631A 2018/106

G35103431

Radio ECCA. Fundación Canaria

Preparación Competencias Clave Nivel 2, Ribadeo

Prioritaria

31

 

4.314,20

 

BS631A 2018/106

G35103431

Radio ECCA. Fundación Canaria

Preparación Competencias Clave Básico, Cangas

Prioritaria

29

 

2.193,66

 

BS631A 2018/52

G81454969

Fundación Amigó

Proxecto Convivindo Vigo

Prioritaria

31

 

33.929,76

 

BS631A 2018/52

G81454969

Fundación Amigó

Proxecto Familia Educa

Prioritaria

29

 

35.934,24

 

BS631A 2018/52

G81454969

Fundación Amigó

Proxecto Convivindo en Coruña

Non prioritaria

29

 

35.934,24

 

BS631A 2018/16

R3600368I

Cáritas Diocesana de Tui Vigo

Camiñando Xuntos

Non prioritaria

23

 

35.934,24

 

BS631A 2018/72

G15210388

Asociación Antonio Noche

Programa Confío

Non prioritaria

35

13.581,41

24.447,47

 

BS631A 2018/72

G15210388

Asociación Antonio Noche

Labora social (Sección de inclusión e transición ao emprego)

Non prioritaria

58

4.402,87

41.500,00

 

BS631A 2018/12

G27441153

Asociación Mujeres en Igualdad de Burela (Bumei)

Competencias Dixitais TIC-Burela II

Non prioritaria

56,5

 

1.023,71

 

BS631A 2018/12

G27441153

Asociación Mujeres en Igualdad de Burela (Bumei)

Competencias Clave II (Grupo A)

Non prioritaria

57,5

 

5.264,78

 

BS631A 2018/12

G27441153

Asociación Mujeres en Igualdad de Burela (Bumei)

Competencias Clave II (Grupo B)-Burela

Non prioritaria

56,5

 

5.264,78

 

BS631A 2018/12

G27441153

Asociación Mujeres en Igualdad de Burela (Bumei)

Competencias Clave II-Alfoz

Non prioritaria

56,5

 

5.459,78

 

BS631A 2018/12

G27441153

Asociación Mujeres en Igualdad de Burela (Bumei)

Curso de Competencias Dixitais III-Burela

Non prioritaria

56,5

 

1.023,71

 

BS631A 2018/12

G27441153

Asociación Mujeres en Igualdad de Burela (Bumei)

Curso de Competencias Dixitais I-Burela

Non prioritaria

57,5

 

1.023,71

 

BS631A 2018/12

G27441153

Asociación Mujeres en Igualdad de Burela (Bumei)

Curso de Competencias Dixitais III-Mondoñedo

Non prioritaria

56,5

 

1.072,46

 

BS631A 2018/82

G15983570

Asociación Itínera

Proxecto de apoio á inclusión Itínera I

Non prioritaria

23

9.627,73

 

 

BS631A 2018/104

G94088549

Asociación pola Igualdade e a Coeducación

Curso Integral emprego para V.V.X. (Ferrol)

Non prioritaria

39

 

2.924,88

 

BS631A 2018/82

G15983570

Asociación Itínera

Curso de introdución á ofimática para empresa e o comercio electrónico na rede

Non prioritaria

23

3.656,10

 

 

BS631A 2018/112

G36124279

Asociación Érguete

Alfabetización Dixital-Tomiño

Non prioritaria

42

4.874,80

4.874,80

 

BS631A 2018/112

G36124279

Asociación Érguete

Alfabetización Dixital-A Guarda

Non prioritaria

43

4.874,80

4.874,80

 

BS631A 2018/112

G36124279

Asociación Érguete

Itinerarios Alfabetización Básica A Guarda

Non prioritaria

42

2.507,04

7.730,04

 

BS631A 2018/112

G36124279

Asociación Érguete

Itinerarios Preparación para a ESO O Rosal

Non prioritaria

42

 

19.499,20

 

BS631A 2018/112

G36124279

Asociación Érguete

Itinerarios mellora economía familiar A Guarda

Non prioritaria

42

2.089,20

2.089,20

 

BS631A 2018/112

G36124279

Asociación Érguete

Itinerarios mellora economía familiar Tomiño

Non prioritaria

42

2.089,20

2.089,20

 

BS631A 2018/104

G94088549

Asociación pola Igualdade e a Coeducación

Itinerarios de inclusión sociolaboral para vítimas violencia de xénero-Curtis

Non prioritaria

39

6.093,50

20.108,55

 

BS631A 2018/104

G94088549

Asociación pola Igualdade e a Coeducación

Itinerarios inclusión sociolaboral para vítimas de violencia de xénero-Betanzos

Non prioritaria

39

4.874,80

16.086,84

 

BS631A 2018/104

G94088549

Asociación pola Igualdade e a Coeducación

Curso integral emprego para V.V.X. (Pontevedra)

Non prioritaria

39

 

2.924,88

 

BS631A 2018/104

G94088549

Asociación pola Igualdade e a Coeducación

Curso integral emprego para V.V.X. (Betanzos)

Non prioritaria

39

2.924,88

 

 

BS631A 2018/104

G94088549

Asociación pola Igualdade e a Coeducación

Itinerarios de inclusión sociolaboral para vítimas violencia de xénero-Pontevedra

Non prioritaria

39

6.093,50

20.108,55

 

BS631A 2018/104

G94088549

Asociación pola Igualdade e a Coeducación

Curso integral emprego para V.V.X. (Curtis)

Non prioritaria

39

2.924,88

 

 

BS631A 2018/104

G94088549

Asociación pola Igualdade e a Coeducación

Itinerarios inclusión sociolaboral para vítimas de violencia de xénero-Ferrol

Non prioritaria

39

4.874,80

14.624,40

 

BS631A 2018/12

G27441153

Asociación Mujeres en Igualdad de Burela (Bumei)

Curso de Competencias Dixitais TIC I-Mondoñedo

Non prioritaria

56,5

 

1.072,46

 

BS631A 2018/12

G27441153

Asociación Mujeres en Igualdad de Burela (Bumei)

Curso de Competencias Dixitais TIC II-Mondoñedo

Non prioritaria

56,5

 

1.072,46

 

BS631A 2018/12

G27441153

Asociación Mujeres en Igualdad de Burela (Bumei)

Servizo de apoio á inclusión sociolaboral básica

Non prioritaria

36

11.030,98

35.934,24

 

BS631A 2018/12

G27441153

Asociación Mujeres en Igualdad de Burela (Bumei)

Servizo de apoio á inclusión sociolaboral e transición ao emprego

Non prioritaria

56

17.299,71

41.500,00

 

BS631A 2018/60

G32359218

Asociación Patoloxia Dual Psíquica Cadabullo

Programa inclusión sociolaboral persoas con patoloxía dual psíquica

Non prioritaria

40

7.479,34

17.967,12

 

BS631A 2018/137

G27252279

Asociación Monfortina Apoio os Enfermos Mentais Albores

Inclúete no Emprego

Non prioritaria

38

2.534,90

10.139,58

 

BS631A 2018/123

G36164887

Asociación Down Pontevedra Xuntos

Proxecto de inclusión e transición ao emprego

Non prioritaria

32

5.289,16

 

 

BS631A 2018/119

G15052434

Asociación Ámbar (Diversidade Funcional)

Apoio á inclusión sociolaboral da sección de inclusión e transición ao emprego

Non prioritaria

35

1.488,00

 

 

BS631A 2018/115

G70312954

Asociación Mirabal

Itinerarios inclusión sociolaboral con prácticas (Área Betanzos)

Non prioritaria

59

 

17.061,80

 

BS631A 2018/115

G70312954

Asociación Mirabal

Formación dixital a mulleres para o emprego (área Betanzos)

Non prioritaria

59

 

4.874,80

 

BS631A 2018/111

G70040258

Fundación Down Compostela

Adquisición e mellora da competencia dixital para persoas con discapacidade intelectual

Non prioritaria

36

 

4.777,30

 

BS631A 2018/111

G70040258

Fundación Down Compostela

Proxectos de inclusión socioal e/ou sociolaboral

Non prioritaria

36

 

12.576,98

 

BS631A 2018/102

G15731466

Asociación Down Coruña

Formación Dixital

Non prioritaria

56

2.949,25

9.871,47

 

BS631A 2018/102

G15731466

Asociación Down Coruña

Servizo de apoio á inclusión sociolaboral

Non prioritaria

56

 

23.691,53

 

BS631A 2018/59

G15116239

Asociación Unidade de Tratamento do Alcol

Competencias Clave Nivel 3

Non prioritaria

22,25

6.142,25

 

 

BS631A 2018/59

G15116239

Asociación Unidade de Tratamento do Alcol

A Coruña

Non prioritaria

22

17.034,22

 

 

BS631A 2018/59

G15116239

Asociación Unidade de Tratamento do Alcol

Competencias Clave Nivel 2

Non prioritaria

22

6.142,25

 

 

BS631A 2018/59

G15116239

Asociación Unidade de Tratamento do Alcol

Competencias Clave

Non prioritaria

22

6.142,25

 

 

BS631A 2018/88

G15545353

Feafes Galicia

Itinerario personalizado apoio inclusión transición emprego persoas sen fogar enf. mental

Non prioritaria

49,12

17.301,82

41.500,00

 

BS631A 2018/88

G15545353

Feafes Galicia

Itinerario apoio a inclusión e transición emprego para persoas con enfermidade mental

Non prioritaria

41,12

14.833,32

35.579,08

 

BS631A 2018/78

R1500092J

Hermanas Oblatas del Santísimo Redentor (Ferrol)

Itinerarios Abrindo Portas

Non prioritaria

27

12.187,00

 

 

BS631A 2018/76

G36697324

Down Vigo: Asociación para el Síndrome de Down

Avanzado de manexo de TIC encamiñado á inserción laboral dos usuarios en posto traballo específico

Non prioritaria

33

2.827,38

 

 

BS631A 2018/76

G36697324

Down Vigo: Asociación para el Síndrome de Down

Achegamento ás novas tecnoloxías da información e da comunicación 1 e 2

Non prioritaria

33

3.753,60

 

 

BS631A 2018/76

G36697324

Down Vigo: Asociación para el Síndrome de Down

Itinerarios Personalizados de Inclusión

Non prioritaria

35

17.150,15

 

 

BS631A 2018/68

G32115941

Cogami

Servizo de inclusión e transición ao emprego para persoas con discapacidade

Non prioritaria

39

17.299,71

41.500,00

 

BS631A 2018/63

G15279219

Comité Cidadán Antisida da Coruña

Competencias Clave

Non prioritaria

37,25

8.701,52

23.106,55

 

BS631A 2018/63

G15279219

Comité Cidadán Antisida da Coruña

Formación Dixital

Non prioritaria

37

8.701,52

23.130,93

 

BS631A 2018/54

G70223417

Asociación Mulleres con Discapacidade de Galicia

Servizo de inclusión e transición ao emprego para mulleres con discapacidade

Non prioritaria

53

17.378,66

35.951,65

 

BS631A 2018/48

G32311870

Asociación Down Ourense

Servizo de apoio á inclusión

Non prioritaria

36

3.704,85

8.896,51

 

BS631A 2018/48

G32311870

Asociación Down Ourense

Inclusión social básica

Non prioritaria

36

1.483,33

3.593,42

 

BS631A 2018/47

G27262799

Asociación de Axuda o Enfermo Mental, A Mariña

Proxecto de vida e saúde mental

Non prioritaria

25,5

4.314,20

 

 

BS631A 2018/29

G15476310

Asociación Pro Saúde Mental A Creba

Atención dos servizos de apoio á inclusión

Non prioritaria

23

4.491,78

 

 

BS631A 2018/25

G32249484

Asociación Autismo Ourense

Inclusión social de persoas con TEA

Non prioritaria

25

5.390,14

 

 

BS631A 2018/24

G36627453

Asociación Viguesa de Alcohología

Servizo de apoio á inclusión sociolaboral

Non prioritaria

37

10.466,89

25.153,97

 

BS631A 2018/22

G27198977

Asociación Lucense de Axuda aos Enfermos Mentais Alume

Espertar

Non prioritaria

33

14.979,56

 

 

BS631A 2018/19

G15458060

Asociación Síndrome de Down Teima

Módulo de apoio á inclusión

Non prioritaria

53

6.873,47

14.136,92

 

BS631A 2018/19

G15458060

Asociación Síndrome de Down Teima

Módulo de apoio á inclusión. Sección Inclusión

Non prioritaria

33

2.360,80

 

 

BS631A 2018/18

G27202043

Asociación Síndrome de Down de Lugo

Formación dixital

Non prioritaria

46

828,72

2.242,41

 

BS631A 2018/18

G27202043

Asociación Síndrome de Down de Lugo

Servizo de apoio inclusión sociolaboral

Non prioritaria

54

5.679,14

13.625,07

 

BS631A 2018/15

G32106429

Asociación Ourensana de Ayuda al Toxicómano

Proxecto internos CP Pereiro

Non prioritaria

44

14.979,56

35.934,24

 

BS631A 2018/15

G32106429

Asociación Ourensana de Ayuda al Toxicómano

Proxecto inclusión

Non prioritaria

39

14.979,56

35.934,24

 

BS631A 2018/9

G36861078

Fundación Érguete-Integración

Formación dixital

Non prioritaria

38

0,00

1.023,71

 

BS631A 2018/9

G36861078

Fundación Érguete-Integración

Formación dixital

Non prioritaria

38

1.023,71

1.023,71

 

BS631A 2018/9

G36861078

Fundación Érguete-Integración

Formación Competencias Clave

Non prioritaria

38

 

5.849,76

 

BS631A 2018/9

G36861078

Fundación Érguete-Integración

Servizo de apoio á inclusión sociolaboral

Non prioritaria

38

17.299,71

41.500,00

 

ANEXO II

Atención dirixida a fomentar a inclusión social e o acceso e permanencia no mercado de traballo da poboación inmigrante (artigo 4.1.b) 3º), coa seguinte desagregación:

Expediente

NIF

Entidade

Actuación

Prioridade

Puntos

Concedido 2018 (€)

Concedido 2019 (€)

Concedido 2020 (€)

BS631A 2018/72

G15210388

Asociación Antonio Noche

Conectadas. Formación dixital II

Prioritaria

35

 

6.093,50

 

BS631A 2018/72

G15210388

Asociación Antonio Noche

Boabab: participación social Alfabetización Lingua Española II

Prioritaria

33

 

4.874,80

 

BS631A 2018/116

G36617082

Asociación Valladares

Alfabetización dixital e lingüística en castelán III

Prioritaria

42

 

5.118,54

 

BS631A 2018/116

G36617082

Asociación Valladares

Alfabetización dixital e lingüística en castelán I

Prioritaria

42

 

6.702,85

 

BS631A 2018/116

G36617082

Asociación Valladares

Economía doméstica e competencia clave matemática III

Prioritaria

42

 

5.118,54

 

BS631A 2018/116

G36617082

Asociación Valladares

Economía doméstica e competencia clave matemática

Prioritaria

42

 

6.702,85

 

BS631A 2018/116

G36617082

Asociación Valladares

Alfabetización dixital e lingüística en galego I

Prioritaria

42

 

7.312,20

 

BS631A 2018/116

G36617082

Asociación Valladares

Lingua e cultura castelán II

Prioritaria

42

 

7.312,20

 

BS631A 2018/116

G36617082

Asociación Valladares

Informática de xestión

Prioritaria

42

 

7.312,20

 

BS631A 2018/56

G94056215

Asociación Filantrópica Boa Vida

Proxecto Inmigrantes Acollemos IV

Prioritaria

35

 

511,85

 

BS631A 2018/56

G94056215

Asociación Filantrópica Boa Vida

Proxecto Inmigrantes Acollemos II

Prioritaria

35

 

511,85

 

BS631A 2018/56

G94056215

Asociación Filantrópica Boa Vida

Proxecto Inmigrantes Acollemos III

Prioritaria

37

 

511,85

 

BS631A 2018/138

G70377585

Valoresc

Asesoramento técnico especializado no ámbito normativo en materia de estranxería

Prioritaria

33

 

35.934,24

 

BS631A 2018/8

G15775901

Alar Galicia

Alfabetización e competencia oral. Nivel medio

Prioritaria

41

 

1.218,70

 

BS631A 2018/12

G27441153

Asociación Mujeres en Igualdad de Burela (Bumei)

Curso de formación lingüística grupo B-Mondoñedo

Prioritaria

37,5

 

5.264,78

 

BS631A 2018/12

G27441153

Asociación Mujeres en Igualdad de Burela (Bumei)

Curso de formación lingüística grupo A-Mondoñedo

Prioritaria

37,5

 

5.264,78

 

BS631A 2018/12

G27441153

Asociación Mujeres en Igualdad de Burela (Bumei)

Curso de formación lingüística-Burela

Prioritaria

38

 

5.264,78

 

BS631A 2018/138

G70377585

Valoresc

Participación Social-Preparación Celga 1 e 2 (II)

Prioritaria

34

 

4.265,45

 

BS631A 2018/138

G70377585

Valoresc

Participación Social-Preparación DELE e CCSE 2

Prioritaria

34

 

7.019,71

 

BS631A 2018/114

G27783950

Asociación Diversidades

Malala. Asesoramento técnico especializado

Prioritaria

41

 

35.934,24

 

BS631A 2018/114

G27783950

Asociación Diversidades

Competencias Clave xente nova en situación de abandono educativo temperán Bross 2019-20

Prioritaria

40

 

4.582,31

 

BS631A 2018/131

G32012742

Confederación Empresarial de Ourense

Participación Social-Preparación Celga 1 e 2 (II)

Prioritaria

42

 

1.706,18

 

BS631A 2018/131

G32012742

Confederación Empresarial de Ourense

Participación Social-Preparación DELE e CCSE 2

Prioritaria

42

 

4.192,33

 

BS631A 2018/129

V09409749

Acción Laboral (programas de inclusión laboral)

Competencias Clave: aprender: o proceso de aprendizaxe

Prioritaria

42,5

 

7.312,20

2.437,40

BS631A 2018/129

V09409749

Acción Laboral (programas de inclusión laboral)

Formación Dixital

Prioritaria

42,5

 

14.624,40

5.028,55

BS631A 2018/129

V09409749

Acción Laboral (programas de inclusión laboral)

Formación en Competencias Clave: conciencia e expresións culturais

Prioritaria

43

 

4.874,80

 

BS631A 2018/129

V09409749

Acción Laboral (programas de inclusión laboral)

Formación en Competencias Clave: competencias sociais e cívicas

Prioritaria

42,5

 

4.874,80

4.874,80

BS631A 2018/114

G27783950

Asociación Diversidades

Curso de introdución á sociedade de acollida (2ª anualidade)

Prioritaria

40

 

3.656,10

 

BS631A 2018/114

G27783950

Asociación Diversidades

Formación sobre a sociedade de acollida (1ª quenda)

Prioritaria

40

 

1.023,71

 

BS631A 2018/114

G27783950

Asociación Diversidades

Curso de introdución á sociedade de acollida

Prioritaria

40

 

2.632,39

 

BS631A 2018/114

G27783950

Asociación Diversidades

Competencias Clave 2019-2020

Prioritaria

40

 

1.121,20

 

BS631A 2018/114

G27783950

Asociación Diversidades

Competencias Clave xente nova en situación de abandono educativo temperán Bross 2018-19

Prioritaria

40

 

8.579,65

 

BS631A 2018/114

G27783950

Asociación Diversidades

Competencias Clave 2018-2019

Prioritaria

40

 

2.534,90

 

BS631A 2018/96

G15354483

Asociación Ecos do Sur

Formación en Competencias Orais. Linguas oficiais de Galicia (parte 2) Castelán, Nivel A2

Prioritaria

38

 

3.704,85

 

BS631A 2018/96

G15354483

Asociación Ecos do Sur

Formación en alfabetización. Linguas oficiais de Galicia (parte 1) Castelán, Nivel A2

Prioritaria

38

 

3.704,85

 

BS631A 2018/26

G15859911

Fundación Amigos de Galicia

Itinerarios personalizados de inserción dirixidos a persoas inmigrantes-Pontevedra

Prioritaria

42

 

17.967,12

 

BS631A 2018/87

G15651508

Asociación SOS Racismo Galicia

Competencias Clave Nivel 2 Cálculo e Lingua Inglesa terceira edición

Prioritaria

37

 

2.047,42

 

BS631A 2018/87

G15651508

Asociación SOS Racismo Galicia

Coñecementos constitucionais, sociais e culturais de España terceira edición

Prioritaria

40

 

487,48

 

BS631A 2018/87

G15651508

Asociación SOS Racismo Galicia

Coñecementos constitucionais, sociais e culturais de España segunda edición

Prioritaria

40

 

487,48

 

BS631A 2018/87

G15651508

Asociación SOS Racismo Galicia

Competencias Clave N2 Cálculo e Linguas da sociedade de acollida segunda edición

Prioritaria

37

 

3.412,36

 

BS631A 2018/87

G15651508

Asociación SOS Racismo Galicia

Competencias Clave N2 Cálculo e Lingua Inglesa segunda edición

Prioritaria

37

 

2.399,90

 

BS631A 2018/106

G35103431

Radio ECCA. Fundación Canaria

Lingua e Cultura Galega e Castelá para estranxeiros, Ordes

Prioritaria

40

 

1.706,18

 

BS631A 2018/106

G35103431

Radio ECCA. Fundación Canaria

Lingua Galega I para estranxeiros, Celanova

Prioritaria

40

 

1.706,18

 

BS631A 2018/106

G35103431

Radio ECCA. Fundación Canaria

Lingua e Cultura Galega e Castelá para estranxeiros, Cangas

Prioritaria

37

 

1.706,18

 

BS631A 2018/106

G35103431

Radio ECCA. Fundación Canaria

Alfabetización funcional para persoas inmigrantes, Vilagarcía de Arousa

Prioritaria

38,5

 

2.193,66

 

BS631A 2018/106

G35103431

Radio ECCA. Fundación Canaria

Competencias básicas dixitais para a procura do emprego dirixido a inmigrantes-Cangas

Prioritaria

39

 

1.462,44

 

BS631A 2018/106

G35103431

Radio ECCA. Fundación Canaria

Competencias básicas dixitais para a procura do emprego dirixido a inmigrantes-Sarria

Prioritaria

40

 

1.462,44

 

BS631A 2018/122

Q2866001G

Cruz Roja Española

Atención para o fomento do acceso e permanencia no mercado de traballo

Prioritaria

39

 

41.500,00

 

BS631A 2018/56

G94056215

Asociación Filantrópica Boa Vida

Proxecto Itínere Inmigrantes Emprego

Prioritaria

39

 

14.673,15

 

BS631A 2018/56

G94056215

Asociación Filantrópica Boa Vida

Proxecto Inmigrantes Mediamos

Prioritaria

39

 

21.762,00

 

BS631A 2018/38

G70390745

Asociación Centinelas

Formación probas da educación secundaria para persoas adultas

Prioritaria

38

 

2.632,39

 

BS631A 2018/38

G70390745

Asociación Centinelas

Formación probas da nacionalidade española e integración social

Prioritaria

38

 

5.557,27

 

BS631A 2018/35

G32237869

Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense

Traspasando Fronteiras: coñecemento dos valores e características sociedade galega e española

Prioritaria

45

 

1.462,44

 

BS631A 2018/26

G15859911

Fundación Amigos de Galicia

Itinerarios personalizados de inserción dirixidos a persoas inmigrantes-Ourense

Prioritaria

42

 

35.934,24

8.985,64

BS631A 2018/93

G32122376

Asociación Centro de Desenvolvemento Rural O Viso

Limuhe-Cultura e valores

Prioritaria

38,5

 

1.949,92

 

BS631A 2018/93

G32122376

Asociación Centro de Desenvolvemento Rural O Viso

Alfabetización e competencia oral en Galego-Español para mulleres migrantes

Prioritaria

41,5

 

3.509,86

 

BS631A 2018/66

R1500294B

Cáritas Diocesana de Mondoñedo-Ferrol

Asesoramento técnico especializado no ámbito normativo materia estranxeiría

Prioritaria

41

 

32.090,11

 

BS631A 2018/16

R3600368I

Cáritas Diocesana de Tui Vigo

Alierce

Prioritaria

38

 

35.934,24

 

BS631A 2018/71

G15752660

Fundación Ronsel

Servizo de apoio á inclusión sociolaboral con servizo complementario xurídico

Prioritaria

43

 

18.477,63

 

BS631A 2018/63

G15279219

Comité Cidadán Antisida da Coruña

Competencia oral nas linguas oficiais de Galicia e formación en valores galegos

Prioritaria

40

 

19.816,06

 

BS631A 2018/1

G32008765

Asociación de Empresarios Polígono San Cibrao

Acompaña IV

Prioritaria

31

 

13.430,07