Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Luns, 11 de febreiro de 2019 Páx. 8630

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 24 de xaneiro de 2019, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no terceiro cuadrimestre de 2018.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para lle dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo 1

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Secretaría Xeral da Emigración nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2018 que se incorpora como anexo I a esta resolución.

Artigo 2

Para os efectos de completar a Resolución da Secretaría Xeral da Emigración, do 12 de setembro de 2018, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta secretaría xeral no segundo cuadrimestre de 2018 (DOG núm. 182, do 24 de setembro), dáse publicidade ao convenio de colaboración pendente de publicar subscrito no segundo cuadrimestre de 2018 e que se incorpora como anexo II a esta resolución.

Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 2019

Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración

ANEXO I

Nome

Obxecto

Importe

Data da sinatura

Convenio de colaboración co Centro Galego de Montevideo

Obras de instalación do sistema de rede de incendios no parque social e deportivo de Carrasco.

25.000 €

22.10.2018

Convenio de colaboración co Centro Galego de Londres

Obras de adecuación das instalacións da sede aos novos requisitos da normativa municipal.

14.500 €

24.10.2018

ANEXO II

Nome

Obxecto

Importe

Data da sinatura

Convenio de colaboración co Centro Galicia de Buenos Aires, Cultural, Social e Deportivo

Apoio infraestrutural que presta no desenvolvemento dos programas da Secretaría Xeral da Emigración

60.000 €

31.8.2018