Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Luns, 11 de febreiro de 2019 Páx. 8796

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 17 de xaneiro de 2018, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTS CTC RBT Soutelo II, no concello de Tomiño, do cal resulta como beneficiaria a empresa Unión Fenosa Distribución, S.A. (expediente IN407A 2017/853-4).

A instalación denominada LMTS CTC RBT Soutelo II, no concello de Tomiño, foi declarada de utilidade pública mediante a Resolución do 3 de decembro de 201,8 da Xefatura Territorial de Pontevedra, o que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados e ten a condición de beneficiaria a empresa Unión Fenosa Distribución, S.A.

Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 54.1 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, comunícase que o día 27 de febreiro de 2019, a partir das 12.00 horas, terá lugar sobre o terreo o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución e no taboleiro de edictos do Concello de Tomiño.

Os interesados recibirán unha notificación individual coa debida antelación legal, na cal se lles comunicarán a data e a hora en que deberán presentarse nos seus predios e serán informados de que poderán ir acompañados por un perito ou un notario, pola súa conta, se así o consideran conveniente.

Esta publicación servirá de comunicación para os titulares daqueles predios que figuran como descoñecidos ou dos cales se ignora o lugar de notificación, de acordo co establecido no artigo 45.1.a) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 17 de xaneiro de 2019

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

LMTS CTC RBT Soutelo II (Tomiño):

Cultivo

Nome e apelidos

Nº apoio

m2 solo

m2 subsolo

Concello

1

Carballeira

Descoñecido

1

1,44

17,40

Tomiño

2

Piñeiral madeireiro

Máximo Fernández Fernández

CT

16,81

5,28

Tomiño