Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Luns, 11 de febreiro de 2019 Páx. 8777

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (108/2018).

Despedimento/cesamentos en xeral (DSP) 108/2018

Sobre: despedimento

Demandante: María Elena Muñoz del Río

Avogada: Mercedes Buján Guntín

Demandados: Fogasa, Daparoan Hosteleros, S.L.U.

Avogados: letrado de Fogasa, (…)

Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 108/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Elena Muñoz del Río contra a empresa Daparoan Hosteleros, S.L.U., sobre despedimento, se ditou sentenza con data do 16 de outubro de 2018, cuxo texto íntegro está á disposición do interesado na sede do xulgado.

Contra ela cabe interpor recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme establecen os artigo 191 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social, que se deberá anunciar dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza. A recorrente deberá consignar, coa interposición do recurso e coas excepcións previstas no artigo 229 do texto citado, a suma de 300 euros na conta que este xulgado ten aberta na oficina principal de Banesto desta cidade, baixo a denominación “depósitos e consignacións”, co número 5081, e especificará a clave 65 ao tratarse dun recurso de suplicación.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Daparoan Hosteleros, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 22 de xaneiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza