Procedemento ordinario (PO) 167/2018
Sobre: ordinario
Demandante: María Elena Muñoz del Río
Avogada: Mercedes Buján Guntín
Demandados: Daparoan Hosteleros, S.L.U., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa)
Avogados: (…), letrado de Fogasa
Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento ordinario 167/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Elena Muñoz del Río contra a empresa Daparoan Hosteleros, S.L.U., sobre ordinario, se ditou sentenza con data do 16 de outubro de 2018 cuxo texto íntegro está á disposición do interesado na sede do xulgado.
Contra ela cabe interpor recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme establecen os artigos 191 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social, que se deberá anunciar dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza. A recorrente deberá consignar, coa interposición do recurso e coas excepcións previstas no artigo 229 do texto citado, a suma de 300 euros na conta que este xulgado ten aberta na Oficina principal de Banesto desta cidade, baixo a denominación “depósitos e consignacións”, co número 5081, especificando a clave 65 ao tratarse dun recurso de suplicación.
E para que lle sirva de notificación en legal forma a Daparoan Hosteleros, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.
Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.
Pontevedra, 22 de xaneiro de 2019
A letrada da Administración de xustiza