Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Xoves, 7 de febreiro de 2019 Páx. 8010

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (DOI 1128/2017).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 1128/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Teresa Álvarez Araújo contra Suplinor, S.L., sendo parte o Fogasa, sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución:

«Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: despido número 1128/2017

Demandante: María Teresa Álvarez Araújo

Letrado: Sr. Méndez Sanjurjo.

Demandados: Suplinor, S.L. e Fogasa

Sentencia número 3/2019.

A Coruña, 3 de xaneiro de 2019

Resolución:

1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por Lourdes Folla Sánchez fronte á empresa Cervecería Coruñesa, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e a extinción da relación laboral na data desta sentenza. Todo iso con condena da empresa ao aboamento da indemnización detallada no número segundo desta resolución.

2º. A indemnización que debe aboar a empresa demandada, segundo o disposto no número anterior, ascende á cantidade de 50.846,23 euros.

3º. Condeno a empresa demanda a que aboe ao traballador os salarios de tramitación desde a data do despedimento á data da extinción da relación laboral no día de hoxe a razón de 63,07 euros/día, o que dá a cantidade de 27.813,87 euros.

4º. O Fogasa deberá pasar polo resolto na presente resolución sen prexuízo dos límites da súa responsabilidade cando proceda.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas, deixando testemuño dela no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela se poderá interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Así o pronuncio, mando e asino».

E para que sirva de notificación en legal forma a Suplinor, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 18 de xaneiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza