Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Xoves, 7 de febreiro de 2019 Páx. 8012

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 200/2018).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 200/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de María José Rebolo Cacheiro contra Víctor Villar Iglesias e o Fogasa, ditouse a seguinte resolución cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Decreto.

Letrada da Administración de xustiza: Susana Varela Amboage

Santiago de Compostela, 4 de xaneiro de 2019

Parte dispositiva:

Acordo:

a) Declarar o executado, Víctor Villar Iglesias, en situación de insolvencia total por importe de 2.050 euros en concepto de principal, máis outros 229,71 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan devindicarse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se en diante se coñecen novos bens do executado.

c) Unha vez firme a presente resolución, procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

d) Expedir os testemuños das resolucións procedentes que se entregarán á parte executante na oficina xudicial deste xulgado.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interpoñerse ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente, artigo 188 da LXS.

O/a letrado/a da Administración de xustiza».

E para que sirva para os efectos publicitarios a declaración de insolvencia de Víctor Villar Iglesias, procédase á súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza