Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Xoves, 7 de febreiro de 2019 Páx. 8020

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 174/2017).

PO. Procedemento ordinario 174/2017

Procedemento de orixe: sobre ordinario

Demandante: Rubén Fernández Outeiral

Avogada: Silvia Viaño Blanco

Demandados: Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) e Turmens Logística Urgente, S.L.

Avogado/a: letrado/a de Fogasa

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 174/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Rubén Fernández Outeiral contra Turmens Logística Urgente, S.L. e Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Sentenza.

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2019

Vistos por Ana María Souto González, maxistrada xuíza de reforzo do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela e o seu partido, estes autos 174/2017, seguidos por instancia de Rubén Fernández Outeiral, representado e asistido pola letrada Sra. Silvia Viaño Blanco, contra a entidade Turmens Logística Urgente, S.L.

Resolvo:

Estímase parcialmente a demanda presentada por instancia de Rubén Fernández Outeiral contra a entidade Turmens Logística Urgente, S.L. e, en consecuencia, condeno a demandada a aboarlle ao demandante a cantidade de 1.259,98 euros como cantidade debida en concepto de salarios debidos, parte proporcional da paga extraordinaria e das vacacións non desfrutadas máis o xuro de mora do 10 % sobre a dita cantidade.

Todo sen prexuízo das responsabilidades legais do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes e fágaselles saber que é firme e que contra ela non cabe interpor ningún recurso.

Así o acorda, manda e asina».

Para que sirva de notificación en legal forma a Turmens Logística Urgente, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza