Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Martes, 5 de febreiro de 2019 Páx. 7435

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 11 de xaneiro de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Ribadeo (expediente IN407A 2018/8654 AT).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción para a instalación eléctrica que a seguir se describe:

Solicitante: Begasa.

Domicilio social: parque empresarial As Gándaras, r/ Ramón María Aller Ulloa, 9, 27003 Lugo.

Denominación: LMT soterrada entre CT 13635 Donpiñor e CT 13895 cuartel e o seu anexo.

Situación: concello de Ribadeo.

Características técnicas:

– LMT soterrada en canalización proxectada (280 metros) e existente (885 metros), con orixe nunha cela de liña existente localizada no CT Dompiñor (CD13635) e final nunha cela de liña existente no CT cuartel (CD13895), cunha lonxitude de 1.165 metros en condutor tipo RHZ1-240 mm.

– LMT soterrada con orixe nunha cela existente no CT Dompiñor (CD 13635) e final nun empalme que se realizará na arqueta existente 1598 situada ao pé do apoio AP-161, cunha lonxitude de 300 metros en condutor RHZ1-240 mm.

– Desmontaxe de tres apoios metálicos, 240 metros de condutor LA-110, 60 metros de condutor RHZ1-240 mm e dúas conversións aerosoterradas.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, no Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, e na Resolución de 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), esta xefatura territorial, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 135/2017, do 28 de decembro, polo que se crea e se establece a estrutura orgánica da consellería, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e de construción ás ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que considere pertinente ao seu dereito.

Lugo, 11 de xaneiro de 2019

A xefa territorial de Lugo
P.A.(Decreto 135/2017, do 28 de decembro)
Patricia Dans Grela
Xefa do Servizo de Coordinación Administrativa e Xestión Económica